Por GaliciaConfidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2018 | Actualizada ás 21:00
Roberto Vilar inicia este venres unha nova aventura televisiva en Madrid esperando correr mellor sorte que no ano 2011 co programa concurso “Salta a la vista” que durou tres semanas en antena, daquela en Cuatro. Nesta ocasión chega a Antena 3 co aval dos espectaculares datos de audiencia de “Land Rober” e cun carisma que está xa esparexéndose a nivel nacional.
Vilar presentará “La noche de Rober” un programa de entretemento para as noites dos venres con sorpresas, humor e moitos convidados. Contará con colaboradores do nivel de José Corbacho, Leo Harlem, Silvia Abril, Vaquero e Luis Lara que amenizarán a visita dos diferentes famosos que pasen polo plató.
O programa empeza ás 22.00 h. e o gancho para o vindeiro 11, día do estreo, é a última e sorprendente entrevista de Amaia e Alfred antes de Eurovisión.
Quen lle ía dicir ao presentador e showman de moda en Galicia que competiría en audiencia con Gayoso e o Luar, programa de referencia na grella da televisión pública galega...
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.