Eduardo Maragoto: "As razóns de existir do reintegracionismo son mellor comprendidas hoxe"

O presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) quere ser optimista ao mesmo tempo que prudente na valoración sobre perda de falantes. Tamén considera moi necesario un cambio nas políticas lingüísticas levadas adiante que non favorecen unha inmersión no galego sobre todo no ámbito urbano.

Por Moncho Mariño | Santiago | 18/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Tedes que explicar o que é o reintegracionismo despois de tantos anos de  bagaxe Desde a publicación das primeiras teorías reintegracionistas?
É un debate que está moi centrado  no movemento normalizador e nas persoas que teñen interese no futuro da lingua.  Por que este non é aínda un debate xeral dentro da sociedade.  pero tamén penso que desde os anos 80 a imaxe do reintegracionismo mellorou bastante.  Principalmente dentro do movemento que está preocupado  pola lingua,  mais tamén pouco a pouco foi penetrando no proxecto de sociedade. Non estamos en condicións de dicir que o reintegracionismo sexa compartido nin sequera polo movemento normalizador,  pois aínda é minoritario nin no conxunto da sociedade galega.  Pero si estamos en condicións de dicir que os motivos, as razóns de existir do reintegracionismo son mellor comprendidas que hai varios anos. Non así no movemento normalizador pero si no conxunto dos axentes sociais. Aínda agora fixemos unha proposta, a proposta do binormativismo, que xa non diriximos  aos sectores preocupados pola lingua,  senón a todo o conxunto da sociedade. Non todo o mundo lle vai prestar os mesmos oídos,  pero si que hai unha maior comprensión.

Eduardo Sanches Maragoto, presidente da AGAL
Eduardo Sanches Maragoto, presidente da AGAL

Cal foi o grande cambio que experimentou o reitegracionismo para que, en certo sentido e como ti dis, se vise aceptado por un número maior de xente?
A internet mellorou moito as condicións nas que traballa o reintegracionismo. Nos anos 80 e 90 a  xente  non tiña condicións para avaliar a nosa proposta.  Case  non tiñan oído falar portugués nin leran  textos portugueses. Iso corrixiuno internet,  agora as persoas teñen máis noción do  que é  o portugués. Teñen oído os diferentes acentos do portugués  e son conscientes de que o galego ten cabida nese  espazo.

"Temos feito unha proposta de binormativismo que diriximos a todo o conxunto da sociedade"

Pero aínda segue habendo reticencias non?
Debemos ser modestos por que aínda somos un movemento minoritario. Pero somos optimistas pois vemos que a nosa imaxe mellorou nos últimos anos.


Estamos en minoría os monolingües en galego?
Posiblemente,  mais eu creo que non debemos perdernos entre eses estudos,  esas enquisas e esas porcentaxes. Sobre todo porque eu penso que o estado da lingua é o mesmo que hai por exemplo 30 anos. E vai ser o mesmo de aquí a dez, porque o proceso é o mesmo que hai 30 anos. Penso que un pouco absurdo asustarse por se a porcentaxe de falantes nativos é maior ou menor. Hai 20 anos sabíamos que isto ía ser así. Eu penso, e AGAL pensa, que debemos tomar as cousas con calma sobre a situación na que estamos.  Non para frear iso en concreto,  pois non vai parar,  senón para  comezar outro proceso en paralelo.

"Nos 80 e 90 case non se coñecía o portugués e iso corrixiuno Internet"

E cal sería?
Un proceso que sente as bases da revitalización do galego, pero que ninguén pense que esa revitalización comezará mañá. Por iso considero necesario comezar con outros procesos paralelos en obsesionarnos con frear a perda de falantes que eu penso vai continuar igual.

E que estratexias segue AGAL  para atraer máis xente cara as súas teses?
Non é unha estratexia de atraer xente cara o reintegracionismo unicamente,  senón de avanzar todos e todas xuntas na defensa do galego, con diferentes propostas que non teñen que ser exclusivas. Para ser atractivos á xente nova, temos que traballar a partir de dous alicerces. Un é o ensino  cun sistema que xa está probado noutros lugares. Ese sistema é a inmersión no galego. Sobre todo en ámbitos urbanos onde a nosa lingua xa non existen moitas familias. Obviamente este sistema non debe excluír o ensino doutras linguas. Pero non podemos esperar moitos anos,  debemos comezar xa aínda que sexa dunha maneira moi incipiente.  E o outro  alicerce de cara á normalización do galego sería afianzar o aspecto formal de escrita.  Ao non haber modelos estables, a xente séntese máis insegura no momento de escribir e falar en galego. Entón para esa estabilidade,  si que penso que o recurso sería recorrer ao portugués,  con toda a calma do mundo.

Non é un desexo algo complicado?
Sigo pensando que debemos sentarnos todos á mesma mesa e mirar en que medida Poderiamos confluír.  E para min  o dito antes son os dous alicerces necesarios para atraer á xente nova e revitalizar a lingua.

"Debemos traballar a estabilidade formal da escrita e na inmersión no galego sobre todo en ámbitos urbanos"

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a unha profesora extremeña que mesmo deu clases de galego. Por que actitudes coma esta non conseguen calar fondo na nosa sociedade para cambiar actitudes?
Porque é moi difícil e non se pode extrapolar unha biografía ao resto de biografías da sociedade. As persoas somos como somos e actuamos como actuamos, porque temos modelos aos que seguir e seguimos. A maioría das biografías que eu coñezo en Galicia mesmo de familias que falando galego teñen un desprezo considerable a esa lingua. O galego como lingua prestixiada só existe en determinados ámbitos. Sobre todo entre persoas que leron moito sobre esta cuestión social. Por iso digo que debemos ser pacientes,  pois o corazón dese movemento normalizador  está neses ámbitos cultivados.  Temos que ser empáticos, aplaudir as biografías galeguistas e ao mesmo tempo ser  empáticos coas outras biografías que non accederon ao estudo do galego como as que si o fixeron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

2 Luso estafadores

Non se trata só de signos ortográficos, como din as pandillas de mentireiros lusistas, trátase dunha gramática e dun léxico que non existe en galego. Ademáis a ortografía galega está adaptada a forma de falar dos galegos, como un frances ten a súa adaptada á forma de falar.

1 wjJ8

A normativa describe un idioma, non o inventa, algo que saben tódolos linguistas do mundo, menos estas sectas. O galego é como é, non como queren estes.

1 Ouveos españolistas

Falas como un libro aberto: 'inventa', 'estas sectas', 'estes' despectivo... Diante da verdade única e absoluta: 'tódolos linguistas (sic) do mundo', 'é como é'... Es un pobre provocador sen argumento válido, agardemos que despois de soltar gases sintas alivio. Non esquezas airear o local...

2 teutonio

Claro, por iso o noso xis se escribe como ch en francés ou sh en inglés ou un sch en alemán. o ç turco é un ch e o c un ll, e o c nas linguas eslavas se pronuncia como un ts. As normativas desas linguas describen ou inventan o idioma?, e porque non se pode grafar o mesmo idioma con diferentes solucións normativas como o rumano, serbocroata ou o noruegués?

3 unmais

Falando de inventos, porque a herba dun xardin se lle chama cespede e non relva?, porque a una greve se lle di folga, cando folgar en galego sempre foi estar de festa?, poruqe se inventou o de xoves, si a quinta feira foi sustituida por jueves, que çe o que din os galego-falantes de sempre. Usa outros argumentos, porque os que utilizas feden a españolada

4 Luso estafadores.

Non se trata só de signos ortográficos, como din as pandillas de mentireiros lusistas, trátase dunha gramática e dun léxico que non existe en galego. Ademáis a ortografía galega está adaptada a forma de falar dos galegos, como un frances ten a súa adaptada á forma de falar.

5 Raza Pura

Eu diría máis, moito máis, as gorxas, as fosas nasais e a propia cavidade bucal, e xa non digamos a língua, toda a cabeza dos galegos de pura raza é diferente. Mesmo os cans dun lado da raia oubean diferente, e os paxaros teñen o pico distinto. E os peixes, no medio do Miño paran, non se entenden os uns cos outros. Hai raza e hai fronteiras (na cabeza racial, claro).

6 teutonio

Hahahahah, a ortografía francesa está adaptada á forma de falar, ahahahaha, é unha animalada tan grande que até debe ser un comentario retranqueiro. Pro que dicía que o xoves era un invento, dicionarios de comezos de século recollían esta palabra http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda...

7 ucnq

Pois claro que está adaptado a súa forma de falar, outra cousa é que unha letra responda a varios fonémas, pero iso é por unha riqueza de pronunciación que non temos aquí.

8 teutonio

Ou por preteder hai varios séculos arcaizar a lingua e ligala aínda máis ao latín clásico na escrita.