Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2018 | Actualizada ás 18:09
O Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira (A Coruña) acordou novas dilixencias, entre as que se inclúe unha reconstrución dos feitos na causa sobre a morte da moza madrileña Diana Quer, así como unha simulación virtual da traxectoria que realizou 'o Chicle' o día da desaparición da moza.
Así o confirmaron fontes próximas á causa consultadas por Europa Press, que concretaron que estas novas dilixencias foron acordadas despois da solicitude realizada pola Fiscalía e a acusación particular exercida polos pais da moza. Agora o xulgado ten que acordar coa Guardia Civil a data para practicar esta dilixencia da reconstrución de feitos, á que o autor confeso da morte de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle', e a sua defensa non se opuxeron.
Tamén serán técnicos especialistas do Instituto Armado os encargados de realizar a simulación virtual da traxectoria que realizou o acusado o día da desaparición de Diana Quer.
O pasado 4 de maio 'o Chicle' aceptou por primeira vez prestar declaración ante o xuíz que instrúe a causa pola morte de Diana Quer e fíxoo para cambiar a súa versión e admitir que afogou á moza madrileña, aínda que, explicou, fíxoo "involuntariamente". Ademais, exculpou á súa muller, inicialmente tamén investigada na causa.
XURADO POPULAR
O maxistrado Félix Isaac Anido convocou ás partes o pasado 4 de maio para informarlles de que o procedemento será xulgado por un xurado popular e concretar as imputacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.