ABANCA métese de cheo na industria naval e finacia o primeiro barco da nova frota de Nueva Pescanova

Di que busca impulsar a onstrucción naval en Galicia, xa que o buque será construído integramente na comunidade por Astilleros Armón.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/05/2018 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

ABANCA financiará a construción do primeiro dos buques pesqueiros cos que Nueva Pescanova renovará a súa frota nos próximos anos. O banco herdeiro das caixas galegas, que ten presenza en Nueva Pescanova a través do seu accionariado, financiará en solitario o primeiro barco da nova frota da empresa pesqueira.

Buque de Nueva Pescanova
Buque de Nueva Pescanova | Fonte: Nueva Pescanova

“A implicación de ABANCA na renovación da frota de Nueva Pescanova enmárcase no apoio da entidade financeira á economía de Galicia, con especial incidencia nos seus sectores chave”, apunta ABANCA nun comunicado.  Con esta iniciativa asegura que quere potenciar as capacidades produtivas de Nueva Pescanova, “unha das compañías galegas insignia e referente mundial do sector pesqueiro”.

Ademais, o banco destaca que tamén procura impulsar a construcción naval en Galicia, xa que o buque será construído integramente na comunidade por Astilleros Armón e a industria auxiliar naval. 

IMPULSO DO SECTOR NAVAL

Non é a primeira vez que ABANCA se mete no negocio pesquero. Nos pasados exercicios a entidade financiou, entre outras operacións, o primeiro arrastreiro de altura construído en Galicia en máis dunha década, que foi botado en 2017 e xa faena no Cono Sur. Nestes momentos participa en 25 novos proxectos de construción de embarcacións para renovación da frota tanto para pequenas e medianas empresas como para grandes grupos.

En total, o financiamento do banco galego ao sector da construción naval (financiamento a estaleiros, armadores, avais, circulante, confirming, créditos documentarios e industria auxiliar) alcanza os 540 millóns de euros. Nos primeiros catro meses de 2018 o financiamento de ABANCA ao sector naval (armador + estaleiro) creceu un 11%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta