Pontón sobre a dimisión do alcalde de Allariz: "Foi un orgullo contar cunha persona do seu nivel político e humano"

A líder do BNG recoñeceu a García "a súa achega ao nacionalismo" e reduciu a dimisión a unha "decisión persoal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2018 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou que foi "un orgullo" contar con "unha persona do nivel político e humano" como o alcalde de Allariz, Francisco García, que este venres anunciou a súa dimisión á fronte do Consistorio.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG | Fonte: Europa Press

Así o declarou durante unha rolda de prensa, na que erixiu ao que foi primeiro edil do municipio desde o ano 2000 nun "referente non só para o BNG senón para todas as persoas". "É un home dunha gran valía, un gran corazón, un gran entusiasmo... Sempre foi un defensor de Galicia", asegurou Pontón, que a continuación, valorou o seu "traballo excepcional" como no goberno local.

Así, a líder do BNG recoñeceu a García "a súa achega ao nacionalismo" e reduciu a dimisión a unha "decisión persoal": "Cre que se esgotou unha etapa e que é necesario abrir unha nova no Concello de Allariz". Neste sentido, Pontón dixo ter "a solidez de que hai un equipo de persoas que van continuar" co traballo do alcalde nacionalista, que, segundo as súas palabras, "se fixo moi ben e é moi recoñecido por todo o mundo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Salchichocha

rip