A xustiza anula o pacto que o PP e o deputado dísculo do PSOE tiñan na Deputación de Lugo
O fallo da Audiencia Provincial de Lugo supón de facto a fin do poder da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa), ou máis ben do contrapoder exercido dende o ente, encargado –entre outras funcións– de construír e xestionar as residencias da terceira idade na provincia.