Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/06/2018 | Actualizada ás 13:15
Os responsables do proxecto 'Neogalfarm vén de presenta Novos tratamentos contra o cancro: Desenvolvemento de terapias dirixidas a diferentes dianas terapéuticas e de tratamentos combinados', veñén de presentar os prometedores resultados acadados polas empresas que participan neste. O principal obxectivo agora é iniciar ensaios clínicos cun novo composto desenvolvido e probado xa en animais con resultados positivos.
Neogalfarm agrupa un consorcio de empresas do sector biotecnolóxico galego como Galchimia, Oncostellae, AMSlab e Nanogap —todas elas pertencentes ao Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga)—, en colaboración con grupos de investigación da universidade (Grupo Biofarma, Grupo Galego de Investigacións Oncolóxicas, Grupo Química de Carbohidratos e ComBioMed da Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Investigación Santiaria de Santiago e o Leitat Technological Center) referentes no desenvolvemento de ensaios farmacolóxicos nun ámbito estratéxico para Galicia, como é a biotecnoloxía.
O obxectivo da plataforma Neogalfarm é buscar novos fármacos para enfermidades oncolóxicas. Os primeiros resultados están relacionados co cancro de colon e os ensaios clínicos se realizarán no hospital de Sant Pau de Barcelona, tras conseguir resultados "prometedores" na fase de experimentación con ratos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.