Podemos quere que En Marea abra un debate sobre o dereito a decidir tras o acontecido en Cataluña

A formación morada quere ter máis peso no partido instrumental e que as votacións se fagan a través da súa plataforma dixital.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Podemos Galicia está decidida a entrar de cheo nos órganos de dirección de En Marea tras a proposta realizada por Compostela Aberta, pero quere que a súa entrada se corresponda co “peso específico” que esta formación ten en Galicia e, sobre todo, que se atenda a algúns debates que xurdiron na formación morada logo do acontecido en Cataluña.

Así, nas conversas mantidas entre Compostela Aberta e Podemos nos últimos días, o partido de Carmen Santos tería aproveitado a coxuntura para reclamar cambios substanciais na Marea. Un deses cambios é que se lle dea máis peso ao seu partido.  De feito, o pasado luns, a propia Santos xa anunciaba en rolda de prensa que que se atenda o "peso específico" de cada parte que conforma o espazo "do cambio" en Galicia, algo que non ocorre, ao seu xuízo, coa actual configuración de En Marea como "partido único".

Por iso, instou a crear un "espazo plural" no que "se recoñezan todas as partes" e no que se teña en conta "o peso específico cidadán das partes que formamos a unidade popular". "Podemos ten miles de inscritos, que votan nos procesos e que non votan en En Marea", apuntou. A número un de Podemos Galicia mesmo cualificou de "fracasado" o proxecto de En Marea como partido instrumental.

Rueda de prensa de Carmen Santos con otras integrantes de Podemos
Rueda de prensa de Carmen Santos con otras integrantes de Podemos

DEREITO A DECIDIR

Neste sentido, e segundo fontes consultadas por GC, Podemos tería aproveitada a nova coxuntura creada pola proposta de CA para abrir novos debates, entre eles, o de reconsiderar o dereito a decidir, que En Marea fixara nos seus principios fundacionais. Segundo estas fontes, Podemos tería trasladado nesas conversas que, tras o acontecido en Cataluña, habería que “redefinir esta cuestión” na futura estratexia de En Marea.

Ademais, outro dos puntos que Podemos tería posto enriba da mesa sería que todos os debates internos do partido instrumental se fagan a través da súa plataforma dixital e non a través doutros mecanismos dixitais.

Tal e como dixo Carmen Santos o pasado luns, Podemos Galicia xa comunicou á formación que lidera Martiño Noriega que están dispostos a ocupar o seu sitio na "mesa da confluencia" que propón a marea compostelá e que tería por obxectivo pilotar un proceso de transición cara á reconfiguración do proxecto rupturista.

"Vemos con bos ollos e saudamos de maneira moi positiva que Compostela Aberta se una ás múltiples voces, non só á de Podemos, que fomos os primeiros en pór encima da mesa que nun espazo de cambio temos que estar todas representadas e referenciadas", apuntou Santos, que lembrou que hai uns meses, o Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia aprobou unha resolución na que se instaba a reconstruír o espazo político.

INTEGRACIÓN FORZADA

En 2016, Podemos Galicia aceptou a última hora integrarse en En Marea para concorrer ás eleccións autonómicas, xa que a dirección do partido morado galego defendía concorrer en conxunto pero en formato de coalición, algo que era rexeitado polos promotores do partido instrumental. Cando xa se daba por feito que En Marea e Podemos Galicia concorrerían por separado ás eleccións, o acordo produciuse grazas á intervención do líder morado, Pablo Iglesias, xusto antes de pecharse o prazo para inscribir as candidaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Bescansinoserredelasjons

Políticamente ineptos e Irrelevantes... caput podemita electoral

5 Valdeorras Nazón

Moi de acordo sempre que se respecten os dereitos nacionais de outras minorias diferenciadas existentes dentro de Galicia: Valdeorras, Couto Misto, La Coruña, etc.

1 Un galego

Para eses unha autonomía como a de Murcia ou se vos poñedes pesados como a de Andalucía.

4 KomunistadelaFiga

Aínda non falou ningún dos dou chimpancés...

3 Galego non sometido

Comunista independentista ladrando contra o BNG en 3,2,1...

2 Serafín

Martiño, Ferreiriño, Antonciño... a baixar as calzas! De xeonllos ante as nulidades de Podemos, que o voso servilismo marca tendencia! Despois de saber que as especies foráneas son tan nocivas para a locais, vos seguides apostando polos oportunistas colonizadores! Beiras, podes estar orgulloso da túa obra! Podemos, a trepar!