Por Galicia Confidencial | Guitiriz | 02/08/2018 | Actualizada ás 12:05
Luís Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, coñecido por ter pedido a “expulsión” da Igrexa católica de Rajoy ou Feijóo por “usureiros”, de pedir a excomunión dos corruptos, de facer un Belén reivindicativo ou de realizar unha misa no medio dunha estrada para pedir o seu arranxo , critica desta volta ao novo presidente do PP, Pablo Casado, e asegura que as súa forma de pensar é “antievanxélica e anti doutrina social da Igrexa”.
Patiño acusa a Casado de ser un racista polas súas declaracións contrarias á chegada de inmigrantes a España e contra a política migratoria do Goberno de Sánchez. “Non pode pertencer á Igrexa Católica, e atrévome a pensar isto polo seu discurso cheo de racismo, de xenofobia e rexeitamento e desprezo ao pobre. Sabes que para o Deus de Xesús de Nazaret os inmigrantes son fillos e fillas de Deus.Queredes ocultar a vosa corrupción co discurso racista? Recoñezo que o estades conseguindo”, suliña.
Nun comunicado, o cura de Xestoso destaca que os inimigos non son os empobrecidos.“Non nos invaden, sinxelamente foxen do horror da violencia, do fame a “expulsión” da Igrexa católica de Rajoy ou Feijóo por “usureiros”e a sede”. “Os que nos invadiron e conquistaron son os inversores, os especuladores, os financeiros e os banqueiros que puxeron o noso país de xeonllos. Estes si nos conquistaron coa débeda”, indica. Neste sentido lembra que a débeda pola corrupción que teñen que pagar os españois é de 87.000 millóns de euros ao ano e que isto supuxo privatizar os servizos públicos elementais e rescatar empresas privadas “que logo se sanean” para “devolverllas aos mesmos donos”.
"E OS DEREITOS DAS PERSOAS DESAFIUZADAS?"
“No voso discurso falades da vida e a familia, falades do aborto e da eutanasia, do principio e do final da vida; pero, que pasa durante ese tempo de vivir? Que pasa durante os anos de existencia? Dicides que defendedes a vida e a familia, entón por que vetastes leis que impedían que as familias fosen desafiuzadas?”, pregunta ao novo líder do PP.
Ademais, lembra que a moita xente nova gustaríalle formar unha familia, ter fillos, “pero non poden polas condicións laborais, sen obviar os miles novos que se han ir a outros países”. Por iso, critica duramente a Casado. “Non defendedes a vida e a familia, defendedes ás élites sociais e económicas...Por que non apoiades os corredores humanitarios demandados polas ONG para garantir as súas vidas e que non teñan que utilizar ás mafias?”, engade.
Finalmente, aconsellalle que “se mire ao espello” e non se converta “nun político monstro”. “Personalmente, dásme medo, m excomunión dos corruptosoito medo, porque estás alimentado o odio e quen fomenta o odio fomenta a violencia”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.