Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/01/2025 | Actualizada ás 20:55
Os profesionais de Urxencias Santiarias de Galicia-061 tiveron que trasladar a catro persoas por inhalación de monóxido de carbono tras utilizar unha grella no interior dun local sen ventilación en Monterrei.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse ao fío das 15.15 horas deste domingo nun centro social, na Pousa e ata o punto tamén se desprazaron os Bombeiros de Verín, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monterrei.
Unha vez no lugar, os Bombeiros realizaron as medidas oportunas cun resultado positivo en monóxido de carbono e detallaron que a causa foi utilizar a grella no interior dun local sen ventilación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.