Detido un veciño de Monforte por suposta agresión sexual a unha menor

Axentes da Policía Nacional detiveron este venres a un veciño de Monforte de Lemos (Lugo) duns 30 anos de idade por supostamente agredir sexualmente a unha menor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron este venres a un veciño de Monforte de Lemos (Lugo) duns 30 anos de idade por supostamente agredir sexualmente a unha menor.

Garda Civil
Garda Civil

Fontes do corpo consultadas non confirmaron se a presunta vítima se trata dunha familiar do apresado. Actualmente estanse realizando as investigacións para esclarecer o sucedido.

Estas mesmas fontes descartaron que o home pase a disposición xudicial ao longo da xornada do sábado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta