O Concello de Touro canaliza un tramo do río Portapego sen autorización

É a denuncia que fai Aldea Viva que apunta que o xpediente para poder iniciar as obras de canalización do río atópase en período de información pública e en prazo de alegacións pero o concello de Touro comezou as obras sen a autorización de Augas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2018 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A propia administración, local neste caso, é quen incumpre a legalidade. Un "feito gravísimo" segundo Aldea Viva, que denuncia que o Concello de Touro iniciou as obras de canalización do río Portapego sen a previa autorización de Augas de Galicia. Así, a asociación considera que o alcalde Ignacio Codesido (PP) "ou en quen delegara", queda deslexitimado para o "desempeño das funcións do seu cargo". Porque o período de información pública e alegacións non remata ata o vindeiro 28 de agosto e as obras comezaron o pasado luns día 20, " facendo caso omiso á lei de augas e para sorpresa da veciñanza".  

Obras de canalización do río Portapego
Obras de canalización do río Portapego | Fonte: Cedida

As obras comezaron co tapado do leito augas arriba do tramo a canalizar, para o que utilizaron material de escavación. Isto, segundo Aldea Viva, "provocou o rebordamento das augas polas rúas do núcleo urbano de Fonte Díaz, ao tempo que deixaron sen caudal o leito natural augas embaixo". A asociación Aldea Viva vén de poñer os feitos en coñecemento de Augas de Galicia instando a que actúe ao respecto e se repoña o caudal ao río.

ALEGACIÓNS

Hai unha semana a asociación Aldea Viva deu a coñecer un informe de Augas de Galicia relativo ao expediente de autorización desta obra. E fixo público que presentarían alegacións por entender, consonte ao informe de Augas de Galicia, que os problemas no río Portapego son causados polas actuacións nos terreos da mina.

Este colectivo afirma que debe ser o propietario dos terreos mineiros, Explotaciones Gallegas, quen acometa na súa propiedade as actuacións necesarias para evitar a contaminación e os arrastres de materiais que entullan o Portapego. Porque, sosteñen, as obras pretendidas polo concello non solucionarán o problema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Contaminación del aire

Claro ellos pueden hacerlo sin autorización, pero si fuera cualquier ciudadano gran problema. https://cumbrepuebloscop20.org/medi...