Controlado un dos incendios do parque natural de O Invernadoiro

O outro, que permanece estabilizado, calcinou unhas 96 hectáreas, segundo datos da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2018 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Un dos incendios iniciados na tarde do mércores no parque natural de O Invernadoiro, en Vilariño de Conso, foi controlado polos medios de extinción, mentres que o outro se atopa "estabilizado". En conxunto, afectan a 110 hectáreas, segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural.

Bosque queimado en Ou Invernadoiro
Bosque queimado en Ou Invernadoiro | Fonte: Europa Press

Ambos os lumes comezaron ás 16,10 horas do mércores, na parroquia de San Mamede de Hedrada, separados por apenas 500 metros, ao parecer por mor dunha tormenta seca. Un dos lumes, que afectou a 13,68 hectáreas de monte raso, foi controlado durante a tarde deste sábado. O outro, que permanece estabilizado, calcinou unhas 96 hectáreas, segundo datos da Xunta.

Nas tarefas de extinción traballaron desde o mércores 4 técnicos, 37 axentes, 83 brigadas, 37 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta