Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2018 | Actualizada ás 18:20
O incendio do Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso (Ourense), quedou estabilizado desde as 16,20 horas deste martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado.
Un raio provocou este terceiro incendio, comezado sobre as 8,54 horas deste martes na parroquia de Padroalbar, após quedar extinguidos nas últimas horas os dous anteriores producidos no mesmo parque e polo mesmo motivo, que deixaron máis de 110 hectáreas calcinadas entre ambos.
Polo momento, as chamas queimaron 3,2 hectáreas no Invernadoiro, segundo as primeiras estimacións. No lugar traballan sete helicópteros, cinco avións, seis motobombas, 16 brigadas, catro axentes e un técnico.
Galicia rexistrou un total de 335 raios en 10 horas durante a madrugada deste martes, dos cales outro deles tamén provocou un incendio forestal no municipio de Ares (A Coruña), na parroquia de Cervás. Este lume, activo desde as 3,09 horas, calcinou polo momento cinco hectáreas. Traballan para extinguilo dous helicópteros, sete motobombas, unha pa, 11 brigadas e cinco axentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.