Como pode atopar traballo un desempregado maior de 50 anos do sector da construción? Así funciona a Axencia de Colocación da Deputación de Lugo

Un total de 2.200 lucenses presentaron un total de 6.700 solicitudes de emprego a través da Axencia de Colocación, "un organismo provincial no que atenden persoalmente e de xeito individual". Por agora, 150 lucenses se inseriron no mercado laboral a través da Deputación nos últimos seis meses.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 30/08/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo atendeu en 6 meses 6.700 solicitudes de emprego a través da Axencia de Colocación. Solicitudes que se corresponden con 2.200 lucenses que ou ben estaban en paro ou buscaban mellorar a súa situación laboral. Pero, como funciona este novo servizo de busca de emprego?.

Un traballador da construcción
Un traballador da construcción | Fonte: Remitida

“Trátase dun servizo onde profesionais -axentes de emprego do organismo provincial- atenden persoalmente e de xeito individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender, o que o converte nun servizo máis humano e próximo”, suliñou este xoves a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo.

E nos seis primeiros meses deste servizo público de inserción laboral gratuíto, a Deputación conseguiu inserir no mercado laboral a un total de 150 persoas. Ademais, atendeuse e ofreceuse asesoramento profesional a unhas 1.200 persoas de xeito presencial, nas instalacións habilitadas no Pazo de San Marcos; así a outras 900 que o fixeron de xeito telefónico.

López Izquierdo explicou que ademais de ser máis próximo e humano é tamén máis fiable pois conta coa oferta da empresas e a demanda de emprego que existen na provincia, que o
diferencia, deste xeito, doutras prestacións semellantes.

FUNCIONAMENTO

As empresas ou colectivos da provincia que necesiten traballadores poden trasladar os perfís laborais que requiren ou que buscan para poder traballar ou mellorar o rendemento dos seus establecementos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación ofreceranlles candidatos (que serán veciños da provincia) que satisfagan as súas necesidades. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para verdadeiramente definir as súas necesidades e os perfís laborais que requiren.

Os veciños da provincia, desempregados ou non, poderán trasladar os seus currículos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación porannos en contactos con empresas e colectivos da provincia que busquen perfís laborais de acordo aos seus. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para axudarlles a atopar emprego.

Por exemplo, un veciño desempregado maior de 50 anos, que sempre traballou no sector da construción e conta co graduado escolar. Neste hipotético caso, os axentes de emprego analizarían co mesmo todas e cada unha das súas potencialidades, dende que teña carné de conducir ata as súas aptitudes persoais, para propoñerlle que sexa candidato a postos de traballo para os que reúna as condicións e que poida desenvolver con éxito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta