A Xunta di que traballa na "procura de novas solucións" para Maderas Iglesias

Chama á "unidade de acción" para atopar "a mellor saída".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2018 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A Xunta destaca que "seguirá traballando na procura de novas solucións" para Maderas Iglesias "da man de todas as partes implicadas", mentres está "aberta ao diálogo" para a "mellor saída". Así o trasladou este xoves a Consellería de Industria a Europa Press logo da reunión mantida entre o comité de empresa e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Vigo.

Protesta dos traballadores de Maderas Iglesias
Protesta dos traballadores de Maderas Iglesias | Fonte: CIG.

"Pero, para seguir adiante, é necesario que exista unidade de acción por parte de todos", avisa. Ademais, remarcou o seu compromiso de "manter novos contactos" coa dirección da empresa e de ter informados os traballadores.

Con todo, defende que "a Xunta fixo o seu traballo e cumpriu cos compromisos que adquiriu tanto coa empresa como cos traballadores, xa que, despois de explorar alternativas que permitisen manter a actividade empresarial e os postos de traballo, puxo sobre a mesa posibles solucións, tendo en conta que a decisión última depende da propia empresa".

Os traballadores de Madeiras Iglesias, empresa do Porriño (Pontevedra) que conta con 200 empregados, atópanse en folga indefinida desde o pasado martes en protesta por varios meses sen cobrar e incumprimentos por parte da empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta