Vazquez Abad di que prefire ver antes como alcalde ao voceiro de Ourense en Común que a Pérez Jácome

Anuncia que repetirá como candidato do PP en Ourense nas próximas municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, asegurou no transcurso do pleno ordinario deste venres que será o candidato do Partido Popular nas próximas eleccións municipais, previstas para maio de 2019.

Jesús Vázquez Abad no pleno este venres 7 de setembro
Jesús Vázquez Abad no pleno este venres 7 de setembro | Fonte: Europa Press

O rexedor comunicou a súa decisión de liderar a formación popular na urbe galega nos comicios seguintes en resposta ás alusións que o portavoz de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, realizou a Vázquez Abad.

"Non se vai facer un parque acuático en Monterrei e si en Ourense cando sexa alcalde dentro de oito meses. A este señor --por Vázquez Abad-- non sei se volverá para a universidade ou que futuro vanlle buscar, porque o PP xa non o pode mandar a unha embaixada, tense que quedar na universidade para desgraza dos alumnos", recriminoulle Jácome ao alcalde.

O máximo representante municipal, en contestación, avanzou que continuará á fronte do Partido Popular no Concello de Ourense e aseguroulle a Pérez Jácome que ve antes de alcalde ao líder de Ourense en Común que a el.

"Por desgraza para vostede, vaime a ter que aguantar outros catro anos e oito meses máis de alcalde; polas faltas de respecto cara ao pleno e os cidadáns, vexo antes de alcalde ao señor Vázquez Mato --portavoz de Ourense en Común-- que a vostede, que está todo o pleno insultando e pensa que isto é a súa televisión privada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta