Comeza a andar o novo Goberno de Feijóo con tres caras novas e reestruturación de consellerías

Os seis conselleiros que toman posesión tras a última remodelación de Feijóo optan por xurar o seu cargo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

As tres novas caras que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, introduciu no seu gabinete coa sexta remodelación do Executivo anunciada este mércores, así como os outros tres conselleiros que ven reordenadas as súas competencias, optaron pola fórmula do xuramento no acto de toma de posesión dos seus cargos.

Toma de posesión do novo Goberno de Feijóo após a remodelación de 2018
Toma de posesión do novo Goberno de Feijóo após a remodelación de 2018 | Fonte: Europa Press

O paso dérono, baixo a atenta mirada de Feijóo, sucesivamente, Ángeles Vázquez, Ethel Vázquez, Carmen Pomar, Román Rodríguez, Fabiola García e José González. O acto tivo lugar no Pazo de Raxoi, até onde se desprazaron numerosas autoridades, encabezadas polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices, cargos do PPdeG e familiares dos conselleiros que entran no gabinete de Feijóo ou que asumen novas competencias.

Tras a toma de posesión, o novo Goberno celebrará este mesmo xoves o seu primeiro Consello da Xunta.

SEXTA REMODELACIÓN

Na sexta remodelación do seu Executivo desde que tomou as rendas do Executivo no ano 2009, Feijóo optou por dar saída a José Manuel Rey Varela e Beatriz Mato para competir polas Alcaldías de Ferrol e A Coruña, mantendo ao resto de integrantes do seu Goberno, pero reorientando competencias e creando unha nova Consellería de Cultura e Turismo.

Este novo departamento asúmeo o até agora titular de Educación, Román Rodríguez, cuxa carteira colle a profesora universitaria Carmen Pomar, unha das tres novas caras que entran no equipo de conselleiros de Feijóo, xunto a Fabiola García (que herda de Rey Varela Política Social) e José González (que cambia o seu escano en O Hórreo pola carteira de Medio Rural.

Pola súa banda, a até conselleira de Medio Rural ponse á fronte do departamento de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Pola súa banda, Ethel Vázquez perde na súa Consellería as competencias de Vivenda, pero asume as de augas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta