SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2018 | Actualizada ás 21:35 por EUROPA PRESS
A contra análise practicada ao piloto David Rivas, de quen a Garda Civil informou no seu día que dera positivo en drogas durante un dos controis realizados durante o Rali Ribeira Sacra, indica que non consumiu.
Por iso, segundo trasladaron fontes da súa defensa a Europa Press, pensa exercer accións legais, tendo en conta que o erro cometido supúxolle "prexuízos irreparables" xa que "varios patrocinadores e pilotos retiráronlle o seu apoio".
A Federación Galega de Automobilismo ratificou o resultado e subliñou que se trata de "unha boa noticia para o deporte galego".
Pola súa banda, a defensa do piloto incide en que a investigación toxicolóxica realizada polo Instituto de Ciencias Forenses 'Luis Concheiro', pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, dá "resultado negativo en cannabis".
De feito, constata que "da análise da mostra se deduce que David Rivas non consumiu cannabis nos días anteriores á toma da mostra, ao ser esta unha sustancia que se elimina moi lentamente do organismo". "Se houbese un consumo de cannabis recente, este sería dectable en ouriños durante, polo menos, 15 días", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.