Desestiman a demanda contra Sargadelos por vulneración de liberdade sindical a unha traballadora
O xuíz entende que o "dereito á liberdade de expresión" ampara as "críticas" do conselleiro delegado á ex delegada de UGT, que recorrerá a sentenza. A sindicalista ameazara con impugnar os contratos das traballadoras que entraran no último ano e medio, ao entender que non cumprían o convenio laboral.