Destinan 240.000 euros para impulsar a preproducción de 14 proxectos audiovisuais

As axudas serán concedidas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega de Industrias Cultura (Agadic).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

En concreto, o departamento que dirixe Román Rodríguez apoia os traballos previos para a rodaxe de cinco novas longametraxes de ficción, catro series e miniseries televisivas, catro documentais e unha película de animación, todas elas promovidas por produtoras galegas.

Actividades nunha das edicións anteriores do Laboratorio Audiovisual de Vedra
Actividades nunha das edicións anteriores do Laboratorio Audiovisual de Vedra

Os títulos e as empresas beneficiarias este ano son 'A leituga', de Frida Films; 'Corpo aberto', de Ollo Vivo; 'Ariel, de Filmika Galaika; 'Retaliación', de CTV; 'APPS', de Pulsa Control Z; 'Ouro negro', de Agallas Films; 'Einstein-Rosen', de Vaca Films; 'A fábrica', de Ficción Producións; e 'Aura 1964', de Vía Láctea Filmes na modalidade de proxectos de ficción cinematográficos e televisivos.

Na categoría de proxectos de animación, recibirá axuda 'Nautilus', de Ficción Producións. E, por último, na modalidade para documentais obtiveron subvención 'Os días calados do señor Steven', de Matriuska Producións; 'Montaña ou monte', de Zeitum Fims; 'Gnädinger', de Vizuals Lad; así como 'A Virxe Roxa', de Recrea Films.

A Xunta destacou que estas axudas incrementaron un 20% o seu orzamento respecto ao ano anterior, mantendo así a súa tendencia ascendente no últimos cinco anos. O obxectivo é acompañar economicamente ás produtoras na preproducción dos citados títulos, cos que nun futuro poderán optar a outras axudas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta