Caballero será arropuado pola ministra de Traballo e Touriño como candidato do PSdeG á Xunta en 2020

Será este domingo día 11 de novemnbro. Antes, o secretario xeral socialista será proclamado polo Comité Federal do PSOE este sábado xunto aos outros candidatos autonómicos para 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2018 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que xa é oficialmente candidato á Presidencia da Xunta para as próximas eleccións autonómicas, recibirá o respaldo da militancia nun acto público de proclamación que terá lugar o vindeiro domingo e no que contará co apoio da ministra de Traballo, Magdalena Valerio, e do último presidente da Xunta socialista, Emilio Pérez Touriño.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. Europa Press
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. Europa Press | Fonte: Europa Press

Este evento, que servirá para impulsar ao candidato do PSdeG, o primeiro das principais forzas políticas en ser proclamado a dous anos vista dos comicios autonómicos, terá lugar nun hotel compostelán ás 12,00 horas. Xa este sábado, será ratificado xunto á cabeza de cartel para as autonómicas de 2019 polo Comité Federal do PSOE.

Desta maneira, Gonzalo Caballero, que é o primeiro das principais forzas políticas galegas xa proclamado candidato a dous anos vista dos comicios autonómicos, contará co apoio expreso non só dunha ministra do Goberno de Pedro Sánchez, senón dun Emilio Pérez Touriño que, após a súa desaparición da primeira liña política após a perda da Xunta en 2009, volveu á foto dos socialistas galegos nos últimos meses.

"Eu vou dar o mellor de min para alcanzar esa nova etapa que quero para o meu país, na que todos somos necesarios para conseguilo", apunta Gonzalo Caballero nunha carta remitida á militancia na que convida a participar no acto.

"CICLO POLÍTICO"

Gonzalo Caballero sinala na misiva que por diante se abre "un ciclo político" no que haberá eleccións europeas e municipais, no que os socialistas "traballarán con intensidade en cada concello para alcanzar os mellores resultados posibles cos mellores candidatos e candidatas". Ademais, o secretario xeral subliña que hoxe en día hai un PSdeG "máis forte, máis revitalizado, que está en condicións de darlle a Galicia o cambio que o país necesita".

"E despois deste ano de traballo dou un paso adiante para ser o candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta, porque non me quero resignar a que a Galicia dos meus fillos sexa unha Galicia sen posibilidades de futuro", explica Caballero aos militantes, a quen lles compromete "seguir traballando con toda a ilusión, con todo o sentimento, con toda a paixón e tamén con todo o sentido da responsabilidade que Galicia necesita". Nela tamén agradeceu á militancia o seu "alento" e o seu "apoio" na súa tarefa como secretario xeral do PSdeG, así como aos "miles de galegos" que "volven ver" ao seu partido "a posibilidade de futuro que queren para este país".

CURRÍCULO

Gonzalo Caballero Míguez (Ponteareas, 1975) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, con Premio Extraordinario ao primeiro da promoción. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Doutor en Ciencia Política pola de Santiago de Compostela, é profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Foi Visiting Scholar na Washington University en St. Louis, na University of California en Santa Barbara e na University of California en Berkeley, entre outras.

Publicou máis dun centenar de traballos académicos en diversas revistas científicas nacionais e internacionais, e quince obras académicas. A súa última obra editada foi o libro 'State, Institutions and Democracy' (Springer, 2017, editado con Normal Schofield). É membro do Comité Federal e do Consello de Política Federal do PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta