Pontón marcha de xira política a Uruguai e Arxentina

É a primeira viaxe da líder nacionalista a Lationamércia e reuniranse co presidente de Uruguai e con Pepe Mujica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, inicia unha viaxe por Uruguai e Arxentina para reforzar lazos coa colectividade galega e as forzas de esquerda. Así, na súa primeira viaxe como líder do Bloque, Pontón chegará o luns 26 a Montevideo, acompañada da eurodeputada Ana Miranda, para desenvolver unha intensa axenda de contactos institucións e sociais coa diáspora até a súa marcha de Bos Aires o 2 de decembro.

Ana Pontón (BNG) na reunión do Consello Nacional. EUROPA PRESS - Archivo
Ana Pontón (BNG) na reunión do Consello Nacional. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Entre os seus encontros estará o presidente de Uruguai, Tavaré Vázquez, así como co seu predecesor e referente internacional da esquerda, Pepe Mujica, con quen Pontón compartirá o seminario 'Esquerda, soberanía e globalización: Unidade para a transformación' --no que tamén estará o vicepresidente da República, Lucía Topolansky--.

En ambos os países as dúas políticas nacionalistas manterá encontros nas cámaras do Senado e o Congreso. Haberá reunións co movemento arxentino en defensa do aborto e actos públicos en favor da memoria e contra o fascismo.

En Uruguai reuniranse con representantes da Fronte Ampla e co Movemento de Participación Popular. En Arxentina estarán coa Fronte pola Vitoria.

Entre outras citas, estarán con militantes do BNG, coa directiva do Centro Galicia --propietario do cadro 'A derradeira leición do mestre', de Castelao--, co Centro Gallego de Buenos Aires, visitarán o instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo, e ao presidente da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina, Diego Martínez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cruña

Qué ben se vive cobrando 6.000 euros ao mes e viaxando de balde. Pode terminar en Korea do Norte, o seu paraíso comunista. Pero sempre en galego, eh!