Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 17:59
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que "dar voltas no lodo non favorece" e sinalou que "as campañas deben de centrarse en obxectivos políticos e non nos ataques persoais, tal e como sempre defendeu".
Díxoo despois de que En Marea denunciase que os deputados autonómicos de Podemos e Esquerda Unida —agás Manuel Lago—, formación esta última á que pertence Suárez, non estaban a achegar parte do seu soldo para a organización, tal e como establece a carta financeira.
Suárez asegurou "descoñecer" a obrigación de ceder ingresos e agregou que "sen ánimo de crispar o debate, isto non conduce a nada". "E o que hai que facer é unha proposta para a organización en positivo e non acudir ao e ti máis", sinalou.
O alcalde de Ferrol lembrou que "son unhas eleccións internas", polo que non pode augurar "cal vai ser o resultado". Aínda que o rexedor destacou que Villares "tivo no seu momento declaracións públicas desafortunadas, algunha vinculada a Ferrol en Común", manifestou que agora "hai que respectar o proceso e que sexan os inscritos os que decidan".
APOIO A BRUZOS
Jorge Suárez apelou a que Ferrol en Común participou na na Mesa da Confluencia e recoñeceu que David Bruzos é unha persona á que lle ten "un agarimo especial".
"Foi deputado (na lexislatura errada), unha persona con bo talante, aberta ao diálogo, moi boa persona e desde logo ten todo o meu apoio tanto el como o seu equipo", ratificou.
Jorge Suárez manifestou, ademais, que na lista de Bruzos contan con "unha concelleira", Saínza Ruiz (no posto catro). "Por tanto, como é obvio, eu vou votar a esta candidatura", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.