Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 08/12/2018
A mesma democracia que les odian e critican é a que lles da esta posibilidade, recuperemos a memoria historia, todos estes fenómenos tristes comezaron usando a democracia en Alemaña, en Italia en Francia. Aínda estamos a tempo de que so fique en unha anomalía.
Por desgraza isto non se frea cun discurso de fai 100 anos de Pablo Iglesias, falando aínda da loita de clases e das mobilizacións. Coido con humildade que é unha cuestión máis sinxela que consiste en analizar de onde ben o problema. Para empezar en Andalucía a forte abstención é a causa máis á vista do resultado. Pero cal é o motivo?
Levamos moito tempo de gran crispación política, C´s e PP saben que Vox pode mobilizar votos ós que les non chegan e pensan que teñen a situación controlada, é como meter o raposo no galiñeiro. Por outra banda as esquerdas sempre en liorta interna e entre elas, non ofrecen seguridade, por riba a nova esquerda e o PSOE levan anos traizoando postulados da esquerda básicos, como o dereito a decidir e a configuración do estado.
A frouxeza do PSOE e de Unidos Podemos en Cataluña, sendo comparsa do PP e sen ter criterio propio ou buscar unha solución intermedia, é máis cambiando de postura en varias ocasións e renunciando por total á unha solución política, ten que doer e moito a aqueles votantes federalistas e mesmo confederalistas.
Ser cómplices da situacións dos políticos en prisión preventiva, cando outros por roubar á xente están na rúa, e os recentes sucesos na xustiza no relativo ós bancos, ten que doer e moito ós votantes de esquerda.
Unha perda total de identidade na socialdemocracia de Europa e mesmo dos movementos como o grego, agora Podemos non fala nada de SYRIZA, fixo a moita xente perder a ilusión. E aplicar o castigo máis efectivo en política a abstención ou o voto diametralmente oposto.
Sucede que cando traizoas aquelo para o que loitas vaias perdendo moito espazo, e cun discurso fácil peor falando de problemas VOX vai chegando, o problema non é que chegue, que si o é, o terror é que goberne.
Diante de este panorama, a min preocúpame Galicia, é o momento de poñer en todas as institucións representantes verdadeiros do nos País sen ir contra ninguén a aproveitando a conxuntura da gobernabilidade para traer mellor calidade de vida a Galicia, con calma como somos nos pero con palabra e firmeza, identidade dos galegos. Toca arranxar o que temos para estar fortes cando chegue a verdadeira recuperación, so así fenómenos como VOX non terán espazo.