Feijóo, o gran ausente no 40 aniversario de Prensa Ibérica, o grupo dono do Faro de Vigo
Ao evento acudiron catro ministros, dous presidentes autonómicos, o líder do PP e toda a cúpula do PSOE vigués, con Abel Caballero á fronte. A ausencia do presidente galego e dos seus conselleiros contrasta coa nutrida representación que houbo nos premios Fernández Latorre, de La Voz.