O sector crítico ameaza coa ruptura de En Marea se non hai primarias

David Bruzos acusa a dirección de buscar "que non se vote" e esixe a Villares e a coordinadora que asuman "responsabilidades". Ferreiro e Noriega coinciden na necesidade de celebrar canto antes as votacións logo dos resultados da auditoría.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/12/2018 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O sector crítico de En Marea ameaza agora coa ruptura, logo de negar que isto poidese acontecer nalgún momento. David Bruzos, cabeza de lista de 'Entre Todas' —candidatura do sector crítico ao Consello das Mareas—, cargou contra Luís Villares e a coordinadora do partido instrumental, aos que acusa de adoptar "decisións", como a paralización das primarias, a modo de "cortina de fume" para "impedir" que se celebren as primarias.

David Bruzos, candidato ao  Consello das Mareas
David Bruzos, candidato ao Consello das Mareas | Fonte: Europa Press

Logo de mostrarse cauto o pasado luns nunha entrevista na TVG sobre o risco de escisión no seo de En Marea, un día máis tarde e logo de coñecerse o resultado das auditorías encargadas pola dirección, David Bruzos recoñeceu que "na medida en que non se vote, parece evidente que vai haber unha ruptura".

"Tememos que o que está a facer a actual coordinadora sexa demorar os tempos e demorar cada vez máis esas votacións para que finalmente non se cheguen a producir", aseverou, após acusar a cúpula do partido instrumental de xerar unha "estratexia de confusión" que, segundo Bruzos, ten como fin último "quitar aos inscritos o dereito a escoller a dirección; e iso non se pode consentir".

Neste sentido, o ex-deputado no Congreso reclamou á coordinadora (equivalente a unha executiva nun partido clásico) e a Luís Villares que asuman "responsabilidades políticas" por paralizar o proceso de primarias, que aínda están no aire polas desavinzas internas entre a dirección (controlada por Villares e os seus afíns) e o Comité Electoral (con maioría do sector crítico).

"Pensamos que é moi evidente que hai que pedir responsabilidades políticas a Luís (Villares) como máximo responsable da coordinadora pola paralización deste proceso, porque é evidente que se fixo unha paralización sementando dúbidas sobre un proceso que agora se demostra que non ocorreu", apuntou.

O representante legal de En Marea ante a Axencia Española de Protección de Datos e portavoz da coordinadora, Gonzalo Rodríguez, trasladou o pasado luns que os informes encargados após a suspensión das primarias do partido rupturista certifican que houbo "entradas de persoas non autorizadas" ao censo, dous delas pertencentes ao Comité Electoral e que poderían ser sancionadas. En todo caso, Rodríguez aclarou que "non se pode probar que houbese algunha modificación" do censo.

Bruzos pon o foco nisto último e lamenta que a dirección de Luís Villares empregase esa acusación "como xustificación para paralizar o proceso electoral".

Por todo iso, a candidatura 'Entre Todas' considera que a coordinadora do partido instrumental "actúa como denunciante, testemuña, fiscal e xuíz" no conflito, en referencia á petición de revogación do tres persoas do Comité Electoral relacionadas co acceso "non autorizado" ao censo, segundo apuntan as auditorías encargadas pola dirección.

"A posición de Luís Villares está gravemente comprometida como portavoz en termos de imparcialidade e de neutralidade. Non se pode separar a intervención de Gonzalo Rodríguez de Luís Villares: de feito, Luís Villares é o portavoz da coordinadora en funcións e cabeza electoral dunha das candidaturas", di.

FERREIRO E NORIEGA

Tanto o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, como o de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, concordan na importancia de solucionar a situación de En Marea relativa á suspensión das primarias para poder votar "canto antes". Ferreiro apela a "reconducir" o conflito e recoñeceu que o contexto do partido lle provoca "desazón", logo de confirmarse que houbo "entradas de persoas non autorizadas" ao censo". Pola súa banda, Noriega considera que "quedou demostrado" que non houbo "manipulacións" e confía en que se dan as garantías precisas para retomar as primarias.

"O horizonte de votación ten que suceder canto antes para sacar deste impás a esta organización", apuntou o líder de Compostela Aberta. Para Ferreiro, esta situación non fai máis ca dara unha "imaxe que non é a correcta" respecto de En Marea.

"Todas as persoas que no seu momento apostaron ou queren seguir apostando por En Marea necesitan un espazo político claro", dixo Ferreiro reivindicando uns principios que respondan o "espírito fundacional" do partido instrumental para ser "unha ferramenta para o cambio en Galicia".  Por iso, recoñeceu que "todas as noticias de loitas e problemas internos non son positivas". "Non interesan á xente", insistiu lembrando que non é "para o que a xente se achegou a En Marea".

Pola súa parte, Martiño Noriega incidiu en que "non beneficia a ninguén" que se estenda o proceso no tempo, ante a posibilidade de que as primarias continúen suspendidas ás portas do inicio do nadal e de que este factor puidese derivar no seu retraso ata o mes de xaneiro. "Non ten ningunha xustificación que as votacións sexan para o próximo ano. Non debe haber ningún interese para dilatar un proceso que deteriora a credibilidade do espazo, salvo que non se entenda que o espazo é fundamental para a construción do país", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 galinauta

Sempre o dixen... As mareas veñen e van. Esta semella que vai camiño da baixamar...

8 mareante

Esto é de coña, primeiro detéctase que alguén entrou no censo e querían votar igual (eso é ser cómplice de fraude electoral). E agora sabéndose polas auditorías que entraron ata catro persoas, dúas de elas do comité electoral (onde eles teñen maioría) fan como que la cosa no van conmigo. Teñen a cara de formigón armado. E encima tiran de engano tratando de facer creer a xente que a xente de villares non quere votar, tómannos por parvos. Eu de verdad que alucino con que esta panda de mediocres chegara tan lonxe, se marcharan a casa farían un favor a moita xente.

7 Antonino

Todo o que toca o comunismo españolista acaba pudrindo. O que non entendo é porque Noriega se vende a Podemos. De venderse ao comunismo mellor venderse os nosos estalinistas: a UPG. Menudas pintiñas o Bruzos este ¿de verdad pensa alguén que este paisano vai ser presidente da Xunta de Galicia? Un candidato á altura de Xabier P. Igrexas en Vigo. Que trolls son as forzas rupturistas. Frikismo ao poder. Que desastre de sociedad.

6 un ourensano

Soio unha curiosidade. A nai do Sr. Bruzos está moi vinculada a deputación. Desgraciadamente os que somos ourensanos sabemoa moi ben como funciona o baltarismo e sobre todo cando temos un familiar moi directo que lle deba algún favor ao baltarismo. Eso que quede ben clariño. Por certo ao sr. Bruzos ata día de hoxe non lle escoitei aínda cal é o seu programa de traballo, que medidas orgánicas vai tomar, folla de ruta, etc.. será por qué é un titere de Podemos e dos alcaldiños. Patetico.

1 Outro ourensán

E lembremos que nas primarias de Ourense en Común chegara a votar o alcalde da Peroxa (do PP). Agora saquen conclusións. Por certo, aquelas primarias anularanse por falta de garantías. David Bruzos estaba no comité electoral

5 Alpinista

Se se vai Villares, non hai problema, coloca Pablo Iglesias como portavoz no Parlamento de Galicia a Paula Quinteiro. Con xente capacitada de sobra podemos prescindir dos que non se agachan diante do señorito madrileño.

1 Canitró

O alcalde da Peroxa foi no seu dia do PSdeG-PSOE. Así que, de ahí a Podemos tampouco hai tanta distancia. Ainda así é normal que vaia polo atallo. O de votar nas primaria de Ourense foi un ataque nostálxico. O da portavocía da Marea si que xa é outro conto. Despois do "quinteirazo" o normal sería pensar na Paula para portavoz, asistida, eso sí, polos brillantes alcaldes da Coruña e Compostela,- ao final non se xogan nada en todo esto e agora coas eleccións do Maio que ven, van ter tempo- e o Bruzos. Por suposto velando sempre porque se manteña a ponto o teléfono vermello coa capital de España.