Manuel Martínez, un ex socialista en busca de vinganza

O ex vicepresidente da Deputación anuncia listas en Lugo e noutros concellos da provincia. O seu obxectivo é volver repetir como deputado para evitr que goberne o PSdeG. Podería contar coa axuda dos independentes de INTA, aínda que algúns son reticentes a darlle o seu apoio.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/01/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, segue adiante nos seus plans de quedar na Deputación de Lugo e consumar a súa vinganza contra o seu ex partido, o PSdeG, e o presidente provincial e ex amigo, Darío Campos.

O ex socialista Manuel Martínez
O ex socialista Manuel Martínez

Martínez recoñeceu xa abertamente que traballa na concreción de candidaturas independentes ligadas ao seu proxecto que se presentaría no Concello de Lugo e noutros municipios do partido xudicial da capital lucense co obxectivo de facerse cun oco na corporación provincial. O obxectivo sería sacar, cando menos, un deputado provincial para ser "decisivo" no futuro goberno.

Este xoves, Manuel Martínez, que foi expulsado do PSOE polos seus enfrontamentos co grupo provincial e o presidente da deputación, Darío Campos; admitiu que alenta a creación de "listas alternativas" no partido xudicial de Lugo e tamén no de Chantada, onde afirma que "está máis avanzado e hai máis posibilidades".

Nesta comarca podería contar coa axuda de INTA e de varios alcaldes e dirixentes políticos que, publicamente, manteñen silencio, porque, non acaban de ver con bos ollos a aventura política de Martínez, nin as súas "ambicións" políticas.

O ex socialista non oculta xa que se trata de "unha nova marca política, que se presentaría no partido xudicial de Lugo para xogar na deputación", e, deste xeito, conseguir representación provincial.

A seguridade tira de Manuel Martínez durante o pleno | Deputación de Lugo
A seguridade tira de Manuel Martínez durante o pleno | Deputación de Lugo

"OS QUE VAN DETRÁS"

"Estamos a falar de 5000 votos, que eu creo que son factibles se a lista de Lugo funciona. Se non hai lista en Lugo (cidade) está difícil porque os votos están aquí", asume. O tamén deputado non adscrito na Deputación de Lugo asegurou que xa hai "varias" persoas que poderían encabezar esa "nova marca política" na cidade, aínda que recoñece que "o problema non son os candidatos, senón que son os que van detrás".

"Temos que buscar entre 25 e 30 persoas que teñen que participar nese proxecto e non van en postos de saída (en Lugo elíxense 25 concelleiras). Iso é o máis complicado porque para encabezar e estar non hai problema ningún", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Cachamuíña

Ánimo Manoliño. Canto máis daño lles fagas a eses socialistas, mellor para Galicia.

1 Rancoradicto

Sen dúbida. O que precisamos en Galicia son xustamente candidatos con proxectos políticos e vitais baseados no rancor e na vinganza persoal. Por outro lado, todos os nosos males proceden do PSdG.

2 Rebumbio

Máis que exsocialista habería que definilo como exPsoe. Martínez é tan ou máis socialista que moitos dos que están no partido.

1 final

pois como se una a pachi vasques e lles saia ben a xogada o choe en galicia vaino ter ben¡¡¡ ogallá sería unha foto final para a hipocresía