A Real Academia Galega e a Academia Brasileira de Letras colaborarán mediante intercambios culturais e académicos

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou que este é "un protocolo de amizade".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/01/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e a Academia Brasileira de Letras colaborarán no intercambio cultural e académico, así como no ámbito da investigación.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes
O presidente da RAG, Víctor Freixanes

Así se materializa nun acordo subscrito este xoves, na sede da institución galega, entre o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e o seu homólogo de Brasil, Marco Lucchesi.

"Un protocolo de amizade", resumiu Freixanes en alusión aos lazos entre as dúas academias. Del, dixo tamén que busca "estreitar a colaboración no ámbito lingüístico e literario" entre as dúas entidades.

Mentres, o presidente da Academia Brasileira de Letras cualificou o "diálogo" entre estas institucións de "fundamental". "A cultura é o último bastión da democracia", dixo tamén reivindicando a importancia da actividade cultural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta