Pecha Xornal de Galicia

Aínda non se cumprira o seu terceiro ano de vida e Xornal de Galicia, un diario referente para a esquerda de Galicia, pecha as súas portas. A decisión chega en pleno verán. O Comité destaca o esforzo de todos os traballadores e lamenta a decisión.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 02/08/2011 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Tal e como avanzan algúns xornalistas a través das redes sociais e nalgúns blogs, como o do tamén xornalista Santiago Jaureguizar, o xornal propiedade de Jacinto Rey deixarase de editar o vindeiro xoves. Ese día será o último de vida en papel deste medio que nacía o 9 de decembro de 2008.

"Xornal de Galicia é xa un medio disposto a aportar información con criterio e calidade, en clave galega. Nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia. O diario tamén nace como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega, nas que observa con atención perspectivas galeguistas e progresistas que, se cadra, precisan ter máis proxección da que teñen". Esta era a folla de ruta do que estaba chamado a ser a gran alternativa dos medios progresistas e galeguistas en Galicia.

Sen embargo, a chegada do PP ao poder na Xunta supuxo un golpe duro para este medio que, desde entón, foi o azoute dos populares e que non recibiu, prácticamente, ningunha axuda institucional. A crise económica mundial veu, finalmente, a poñerlle a estocada a un medio que dirixe María Val e que estivo comandado ata o pasado abril por José Luis Gómez, que foi relevado do seu cargo por falta de sintonía con Jacinto Rey e, sobre todo, polas súa liña informativa crítica co PP.

Peche en vac acións

O peche de Xornal de Galicia chega en plenas vacacións e con moitos xornalistas de días libres e supón o despedimento de moitos dos seus 60 magníficos profesionais que souberon manter, a pesar das críticas duns e dos ataques doutros, un medio digno para Galicia. Desde Galicia Confidencial queremos solidarizarnos cos seus traballadores, como no seu día fixemos tamén cos de Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou a Peneira, e desexarlle ánimos nestes duros momentos.

O comité de empresa --integrado polo Sindicato de Xornalistas de Galicia e a CIG-- destaca o esforzo de toda a plantilla e lamenta fondamente esta situación. Nos vindeiros días analizaráse a situación creada tras a decisión da empresa, que foi comunicada na mañá de hoxe.

GC seguirá informando sobre o futuro destes profesionais e as causas do peche dunha nova cabeceira que, aínda que non estaba escrita exclusivamente en galego, potenciaba moito este idoma nas súas informacións. Esta é a quinta cabeceira de corte progresisita, esquerdista ou nacionalista que pecha nos últimos meses tras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e Galicia Hoxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

24 bouzas

Pasado: Quintana de paseo en iate. Presente: Quintana con capital. Pasado: Amizades perigosas a cambio de Xornal amigo. Presente: A Nosa Terra desaparece (coa complicidade directa de Alfonso Eiré, aquel da UPG que foi coas vacas) e Xornal pecha. Pasado: o BNG tivo poder para favorecer aos de sempre. Presente: o negocio vai ben para uns poucos, e algúns mesmo son dos "nosos" así que menos chorar e máis depurar responsabilidades.

23 Artur Lopez

O futuro de todos os xornais en papel, de pago, é a desaparición. Non se pode ir contra do avance da tecnoloxía. No mundo actual, quen vai pagar 1 € ou 1 € e algo por ler hoxe as novas de onte? Nos EE.UU. están a fechar xornais en papel a moreas, en Europa está empezando a pasar. É algo que non ter nada que ver coas linguas nin coas ideoloxías dos xornais, cando se inventou a imprenta desapareceron os copistas, cando se inventou a máquina de escribir deixouse de escribir a man, cando apareceron os ordenadores abandonáronse as máquinas de escribir...É o avance imparable das TICs.

1 Gamela

Se só fora un cambio tecnolóxico seguramente non teríamos tantos problemas á hora de publicar "comentarios" no Xornal de Galicia! (tamén en Galicia-Hoxe) Semella que esta operación é algo máis... e lamentablemente non houbo ninguén que fora quen de INVESTIGAR A FONDO o tema! Agora xa é tarde para lamentarse... http://gamela00.blogspot.com/2010/0...

2 Demófilo

É verdade que os medios en papel teñen os anos contados, pero tamén é verdade que Galicia ainda non dispón dunha sociedade suficientemente formada dixitalmente como para prescindir dos medios en papal. Deses medios que podes ler no bar, na consulta do médico, na peluqueria. Se rematamos con tódolos medios en galego que temos (xa quedan moi poucos) serán miles de galegos entrados en anos que non van desembarcar na rede. Quedarán a espensas do que lean de dúas ou tres fontes como moito. Iso é grave para unha democracia que está consolidándose. Remataremos nunha dictadura informativa disimulada. Este é o perigo. claro que para quen lle importe un pito a demacracia e lle vaia ben co dirixismo político actual poden morrer tódolos xornais críticos que non perde o sono. Eu si o perdo e xa peiteo ruzas tempos ha e tamén, como ves, podo entrar na rede.

3 Por Demófilo

Ao que parece Gamela tivo problemas para facer comentarios en Xornal de Galicia e laiase de que ninguén investigara `por que desapareceu. Non dí nada sobre a investigación de canto nos custa a tódolos galegos a saida diaria de Faro de Vigo, ou de La Voz de Galicia, por poñer dous medios semellantes. Tal vez entón se convenceria que tamén estes desaparecerían sen os muillóns de euros que reciben das institucións, ainda que algúns, non todos, aparecen publicados no DOGA cada ano.Claro que a publicidade "subiminal" diaria destes dous medios suman cen veces máis do que nos ofrecen oficialmente.

22 Un currante

Mi más poco sentido pésame a los nacionalistas gallegos. Otro espantoso ridículo en forma de nuevo fracaso periodístico. No sois nadie y encima no leeis nada.

1 Ortografía

Pois ti escribes coma o carallo. "Leéis" acentúase no segundo "e".

2 Demófilo

Prezado currante, ainda que de currante seguro non tes nada. Eres un despreciable por ter a ousadía de insultar aos nacionalistas. Non facemos o ridículo; somos víctima de fascistas coma ti; somos o que somos e lemos, seguramente máis ca ti.Se queres estar nos foros, non sexas gilipollas. Argumenta e defenda as túas posturas que te respectaremos, pero noninsultes porque senón vas a recibir ata no carnet de identidade. Non estamos dispostos e que tipos coma ti se burlen de nós publicamente. Da a cara e logo xa veremos quen le e quen é quen neste asunto.

21 Gamela

Levamos ANUNCIANDO este resultado dende fai moito tempo, as casualidades NON EXISTEN. Esta operación perfectamente coordinada por Jacinto Rey ven de dar o último golpe á liberdade de expresión en Galicia, favores polos que pensa COBRARSE vía privatización de AENA e outras concesións administrativas. Que lle pregunten ao PSOE e de paso a Quintana. Aquí estannos a vender por catro pesos!

1 Gamela

Se GC quixera sentar na mesma mesa aos responsables económicos de Vieiros, A Peneira, A Nosa Terra, Galicia-Hoxe e agora Xornal de Galicia. E se seguiramos as inxeccións de capital dende as "empresas de comunicación pantalla" de Jacinto Rey VERÍAMOS EXACTAMENTE cales foron as causas do peche deste medios en galego. Precisamos xornalismo de investigación e DIFUSIÓN urxente destas operacións ANTES DO 20N (detrás está unha espléndida operación de privatizacións moi suculenta para Jacinto Rey e outros que apoiaron esta loucura). Chercher l`argent.

2 Gamela

Busquemos de onde viñeron eses misteriosos capitais que fan posible a "empresa de investimentos" do ex-vicepresidente Quintana. Veredes como detrás está o mesmo individuo: Jacinto Rey.

3 Gamela

Detrás da financiación do novo empresario Anxo Quintana tamén atoparedes conexións co Grupo San José e con Jacinto Rey. Os favores sempre se pagan. Chercher l`argent!

4 Antón

Gamela, eres unha trapisondista do peor. O que ti fas e a tactica rastrera Goebbelsiana, inxuria que algo queda. Eres unha delincuente que acusas sibn probas, fascista que non cres non xa na presunta inocencia, senon que incriminas sin existir crime. Só sabese que Quintana non violou a lei de incompatibilidades que inhabilita a cargo publico a negocios privados durante 2 anos. Xa pasaron 2 anos, a sua empresa é con familiares en Brasil. Acusar sen probas coma ti é do peor do comportamento human. Eres tan simple que iñoras que os intereses de Rey co bipartito viñan do eólico.

5 Dona Urraca no seu castelo

Síntoo ben. Galicia sen medios quedas que te poidan "prestixiar"!! Rosalía. Galicia terá prensa galega cando abra os ollos, cando os galegos (nacionalistas/galeguistas) maduren, deixen ese ancestral cainismo que todo o corroe. Por Galicia temos que ser quen de erguer un medio propio, non noso, senón para nós, para Galicia. Seriedade, compromiso, entrega sne prexuizos. Mágoa que tanta xente que aquí ten opinado non o faga en clave positiva. Así nos vai. JacintoRey non remata con nada, somos nós incapaces de crear nada. Menos liortas, menos insultos e máis compromiso coa Terra.

6 converxente

polo que vexo os upegallos de m... encantados da vida...non??

7 Gamela

Matar ao mensaxeiro... Antón, non fará que resuciten os medios alternativos en Galicia. Esta "operación silenzo" só levou 1 ano para maior gloria do amigo Jacinto Rey. Un éxito grazas ao "silenzo cómplice da rede" e grazas tamén ao MEDO a ser atacados polo poder mediático deste "empresario" que semella estar moi ben relacionado co mundo do nacionalismo galego (aínda que o seu negocio apunta ao PSOE). http://gamela00.blogspot.com/2010/0... Hoxe remata a Liberdade de Expresión en Galicia!

8 Antón

Imos ver Gamela, se tes algunha proba faina publica e deixate de lerias. Quintana amosa moita intuición ao investires en América Latina que ten un indece de crecemento do mais alto do mundo, ademais Brasil dende Lula e un dos países con economía mais emerxente, de feito din que vai ser un novo tigre economíco. Quintana en principio vai utilizar o coñecemento e trato con empresarios europeos pra dirixilos en investimentos en ditos países. A empresa segundo dixo vai estar radicada eiqui co cal pagara impostos eiqui.

9 Xoelho

Antón, en galego existe o infinitivo en forma persoal, como se fose calquera outra forma do verbo. Ese infinitivo úsase cando non resulta redundante e, polo tanto, innecesario, pero non podes utilizar a segunda persoa de singular (investir-es) se te refires a un_a terceira persoa (Quintana). Se falas con Gamela, a Gamela lhe podes dicir algo en segunda persoa do infinitivo, mais resulta que te referías a un_a terceira persoa.

10 Gamela

Un PP-PSOE cando alguén denuncia algo sempre responde igual: "se ten probas vaia ao xulgado!" Ogallá foran tan parvos coma para deixar "probas materiais" desta operación. Unha "proba circunstancial" é unha HISTORIA COHERENTE que explique o sucedido. E esa proba pódela rastrexar: http://www.vieiros.com/open/amosar/...

11 Gamela

Por que ninguén quixo investigar a CONTABILIDADE FINANCEIRA das manobras do Jacinto Rey - Quintana - PSOE? Nin siquera os "damnificados" por peches editoriais tiñan interese en buscar unha defensa para os seus postos de traballo? Só poderíamos explicarnolo se as indemnizacións (dos directivos) fosen suficientes para PAGAR SILENCIOS! As probas sempre están aí, outra cousa é querer mirar no fondo dos caixóns. ¿Quen cre esa historia das finanzas familiares do amigo Anxo Quintana? ¿Acaso non haberá nesa sociedade capital do amigo Jacinto Rey? ¿Quen vai abrir as portas de Latino América, o conto do tío de américa...? Veña oh... que xa pasaron as leiteiras!

12 Xelo

Qué finanzas familiares?. Quintana montou unha empresa de asesoramento, se tiveses ídea de economía saberías que para montar unha empresa de asesoramento non fan falla grandes investimentos. Deixa de facerte a directora de GC e decir que teñen que investigar onde non hai que investigar, argalleira upeydeira.

13 Gamela

Se houbera medios independentes de verdade saberíamos moito máis do que nos contan. Se non podemos falar na casa teremos que falar fóra: http://www.publico.es/televisionyge...

20 Roel

Seguiremos a loitar por Galicia, por nós, polo noso país, a nosa cultura e a nosa xente, máis aló dos comentarios da pepeirada e tamén dos que se din purísimos e o Xornal lles parecía un medio desafecto. Os meus mellores desexos e unha aperta para os profesionais de Xornal; desgrazadamente non puido ser, unha derrota máis como pobo e como país, pero seguimos loitando. Non nos rendirán, loitaremos sempre por defender o que somos: galegos.

1 Xan

Se eran tan independentes ,Porque non apoiaron a Jose Luis Gomez canda o defenestrou o patron Rey. A vida pon a cada un no seu sitio.E fan falta mais labregos que xornalistas.