Pecha Xornal de Galicia

Aínda non se cumprira o seu terceiro ano de vida e Xornal de Galicia, un diario referente para a esquerda de Galicia, pecha as súas portas. A decisión chega en pleno verán. O Comité destaca o esforzo de todos os traballadores e lamenta a decisión.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 02/08/2011 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Tal e como avanzan algúns xornalistas a través das redes sociais e nalgúns blogs, como o do tamén xornalista Santiago Jaureguizar, o xornal propiedade de Jacinto Rey deixarase de editar o vindeiro xoves. Ese día será o último de vida en papel deste medio que nacía o 9 de decembro de 2008.

"Xornal de Galicia é xa un medio disposto a aportar información con criterio e calidade, en clave galega. Nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia. O diario tamén nace como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega, nas que observa con atención perspectivas galeguistas e progresistas que, se cadra, precisan ter máis proxección da que teñen". Esta era a folla de ruta do que estaba chamado a ser a gran alternativa dos medios progresistas e galeguistas en Galicia.

Sen embargo, a chegada do PP ao poder na Xunta supuxo un golpe duro para este medio que, desde entón, foi o azoute dos populares e que non recibiu, prácticamente, ningunha axuda institucional. A crise económica mundial veu, finalmente, a poñerlle a estocada a un medio que dirixe María Val e que estivo comandado ata o pasado abril por José Luis Gómez, que foi relevado do seu cargo por falta de sintonía con Jacinto Rey e, sobre todo, polas súa liña informativa crítica co PP.

Peche en vac acións

O peche de Xornal de Galicia chega en plenas vacacións e con moitos xornalistas de días libres e supón o despedimento de moitos dos seus 60 magníficos profesionais que souberon manter, a pesar das críticas duns e dos ataques doutros, un medio digno para Galicia. Desde Galicia Confidencial queremos solidarizarnos cos seus traballadores, como no seu día fixemos tamén cos de Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou a Peneira, e desexarlle ánimos nestes duros momentos.

O comité de empresa --integrado polo Sindicato de Xornalistas de Galicia e a CIG-- destaca o esforzo de toda a plantilla e lamenta fondamente esta situación. Nos vindeiros días analizaráse a situación creada tras a decisión da empresa, que foi comunicada na mañá de hoxe.

GC seguirá informando sobre o futuro destes profesionais e as causas do peche dunha nova cabeceira que, aínda que non estaba escrita exclusivamente en galego, potenciaba moito este idoma nas súas informacións. Esta é a quinta cabeceira de corte progresisita, esquerdista ou nacionalista que pecha nos últimos meses tras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e Galicia Hoxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

19 MsArkadina

Deséxolle moita sorte ás persoas que quedan sen emprego. Non teñen a culpa de que non houbera vendas suficientes (nin de que a xente non aposte polo seu) ou das malas previsións empresariais. Os do monocultivo de pensamento xa teñen os seus medios, que xa se están a financiar cos cartos de todos, queirámolo ou non. Seguirei apostando por Xornal, aínda que sexa na rede.

18 aaaaaaaaaa

É certo que primeiro se arrimaron á quintanería pero logo deitáronse co pesoismo en xeral e o ciberpepiñismo en particular. Pecha porque a constructora de Xacinto está en perdas e como non é parvo xa desconta que a Pepiño lle quedan dous telediarios no Ministerio. O Xarei vai para o desguace. PD. Ate o c--- dos alfanuméricos en todo caso, eu hai anos que non leo un xornal de papel. É como facer fotografías con máquina das de carrete, ou poñer discos de vinilo. Nunca leo ningún xorna onde non poda opinar libremente sobre o que leo ao pé do artigo.

17 Alberto G.

Muchos de los que aquí se lamentan por el cierre de Xornal (echando la culpa a todo-dios, como siempre) lo que tenían que haber hecho desde el primer día era comprar ese periódico o al menos suscribirse una temporada. Que quede claro: XORNAL HA CERRADO POR SUS BAJÍSIMAS VENTAS, tan pocas que ni siquiera figuraba en la OJD o el EGM. Menos lamentos que llegan muy tarde. En mi opinión el gran error de Xornal fue posicionarse tan claramente a favor del BNG, cuyos parroquianos lo han dejado LITERALMENTE TIRADO con su habitual actitud de NON a todo y su cansino victimismo. Qué choriqueiros. Con gente así de visceral y contradictoria no hay más donde escarbar.

1 Arenga

LA COZ CERRA POLAS SUAS BAIXISSIMAS VENDAS!!!, a nom, que recive milhons de euros em subvençons cada ano do regimem de frijol, que suplantam a necessidade de ter vendas suficientes para subsistir. A sorte da coz foi possicionar-se claramente a prol do pp e do nacionalismo espanhol e assim recivir dinheiro de todos os cidadans sem que os peperos tenham que desembolsar dos seus petos ninhum cam.

2 Alberto G.

Arenga, sigue echando la culpa al resto. Es vuestra estrategia constante. Si hubiéseis comprado Xornal un 20% de los militantes/simpatizantes nacionalistas el periódico sería rentable. Pero no, lo fácil es destruir al de enfrente. Siempre igual y así os va. Estuvísteis en el Gobierno gallego y no tuvísteis los c***nes de anular las subvenciones a los medios. ¿Por qué?

3 Manuel P.

Pois realmente Alberto ten toda a razón do mundo, por moito que me foda é certo que dentro do nacionalismo do cal formo parte hai esa manía autodestructiva de que todo está mal, todo é mellorable e de dicir sempre que non a todo. No BNG impera o pensamento único dun sector chamado UPG que por desgraza vai deixar a Galiza sen referentes galeguistas. Eso si, a culpa non é deles, senón dos cobardes que caladiños os acompañamos cara as catacumbas.....

4 Arenga

Eu nom lhe voto a culpa a gente pq nom a tem. Repito, já que o dijem noutros comentários. Todos os jornais escritos da Galiza fechariam sem subvençons, inclussive a coz. Os simpatizantes espanholistas também podedes mercar a coz e assim nom ter que mante-la cos impostos de todos mas nom o fazedes, pq? Eu nom estivem no governo já que se por mim for nom reciviria subvençom ninhum meio de comunicaçom que nom esté como mínimo o 50% em galego, que a junta está para proteger e fomentar o próprio como manda a lei, e para as demais subvençons já está o estado. Mas esta junta prefire subvencionar aos de fora já que o de aqui igual fai que a gente comece defender o próprio e fagam-se nacionalistas galegos e nom nacionalistas espanhois como pretendem.

5 Karliños Marx

E Manuel P. continúa coa autodestrucción. A verdade é que estou cheo de chorumicadas. O sector que non comparte as ideas da UPG debería facer algo por participar máis dentro de BNG. A U ten uns ideais, que gusten máis ou menos son os que teñen e hai que respectalos. O mesmo pasa con todo o mundo. Para mín as ideas neoliberais son un atentado contra a intelixencia, pero teño que respectalas. O demais son contos de vellas...

6 monchodecaste

Kartiños, kartiños... o que non te coñeza que te compre, que ti estás en venda, barato, barato... Discurso dos setenta pasada a primeira década do século XXI, escoita a Raul Castro e mirarás como os revolucionarios de pacotilla sodes hoxe un lastre para a sociedade do presente. Mais ti segue co vello manual...

7 Antón

É que di Raul Castro? Monchiño. Ti leiches os leneamentos do seu último descurso na asamblea do PCC? Sempre falades sen ter p..idea do que falades, nos lineamentos di claramente que xamais voltaran a economía de ceibe mercado e que non adoptaran a economia mexta de China ou Vietnam, se perdinme algo dos lineamentos que lin, dinmo.

8 Karliños Marx

Monchito e os da súa caste: Iñorantes que van de enterados, vendidos que van de liberais, chupóns que van de honrados, e maleducados que van de señoritos, modernos que seguen ideais do 80s...o tipo de merda que nos afunde cada día máis na "idem"

16 Alberto G.

Muchos de los que aquí se lamentan por el cierre de Xornal (echando la culpa a todo-dios, como siempre) lo que tenían que haber hecho desde el primer día era comprar ese periódico o al menos suscribirse una temporada. Que quede claro: XORNAL HA CERRADO POR SUS BAJÍSIMAS VENTAS, tan pocas que ni siquiera figuraba en la OJD o el EGM. Menos lamentos que llegan muy tarde. En mi opinión el gran error de Xornal fue posicionarse tan claramente a favor del BNG, cuyos parroquianos lo han dejado LITERALMENTE TIRADO con su habitual actitud de NON a todo y su cansino victimismo. Qué choriqueiros. Con gente así de visceral y contradictoria no hay más donde escarbar.

15 Xanciño

Que dirán agora os "galeguistas" do PP (se é que os hai). Refírome aos Palmou, Cuíña (ou non?), etc. Seguirán a dar voltas? Mellor estar de amigo co león que axudar á cabeza do rato? Galiza vai a pique, o idioma vai a pique, non o vedes? Que carallo facemos mirando uns aos outros?!