Un xornal fecha, máis que por subvencións ou non subvencións, por falta de lectores e porque os anunciantes, as empresas, non anuncian os seus productos nese medio.
No capitalismo é case imposible que un medio informativo de esquerdas (e o Xornal de Galicia non o era claramente, ademais de ter máis cousas en castelán que en galego) poida subsistir. Toda a prensa normal, leída por todo o mundo, é de dereitas porque defende intereses empresariais ao seren todos os grandes periódicos empresas capitalistas. É o que hai. A liberdade de expresión está absolutamente condicionada.
Ja,ja,ja. Por eso Público, El País o El Periódico son tan de derechas,ja,ja,ja. El problema es que el nacionalismo galego ni interesa ni representa a casi nadie. ¡¡Que no os enterais, pringados!!.
xa temos a Mogolo2 dando a vara. Os que son de dereitas son que les ti: La Gaceta, La Razón, El Mundo de Pedro Jeta, ABC
Non, Xornal non era tan nacionalista como os outros. Polo menos online é bastante bó. O que sucede é unha cuestión de mercado, Público e os outros son de tirada nacional. Faise dun problema de pouco mercado unha cuestión "identitaria".
Manolo, habería que saber primeiro o que entendes ti por dereitas, lembrote que Cebrian é asiduo a todalas reunións do grupo Bilderberg. E que apostaba na sua última liña polo adianto das eleccións e facer axiña os novos recurtes sociais. Publico é de clara ideoloxia socialdemocrata pese a que ten algunhas plumas anti capitalistas. Ti crees que a ideoloxia fascistoide do PP interesalle a moitos que non sexan beneficiarios do seu clientelismo?. Si fora así farian publico o seu programa neoliberal e privatizador denantes das eleccións.
El País claro que é un periódico de dereitas. É do máis progresista dentro da dereita, dun_a dereita moderna e aberta, mais por suposto que non é de esquerdas. Defende o sistema capitalista, e esa é a fronteira que marca quen é de dereitas ou de esquerdas.
O concepto de dereitas esquerdas ven da revolución francesa, a dereita da asamblea situabanse os Girondinos e os burgueses e aristócratas, no centro o chan, os intermedios e na esquerda o pobo, a Montaña, é todos defendendo os seus intereses. Eu creo que a raia está no anti capitalismo ou esquerda revolucionaria. O concepto estivo nun termo moi ambiguo froito do concepto Zeitgeit Hegeliano como motor dos trocos e movementos na sociedade,en clara oposición ao materialismo marxista.
Antón, algúns vivides con dous séculos de retraso. Así vos vai. Hoxe, a modernidade e o futuro, a igualdade e a liberdade están máis na dereita que na esquerda. Non vos enterades. Nin falta que fai, polo ben do pobo.
Xa Farruquito, ou sexa que todos vivimos no American way of life, todos somos ricos, guapos e intelixentes coma ti. A fame, as guerras, o 90% da poboación do mundo que vive na misería, as familias sen nengún tipo de ingresos (1.700.000) parados, ancians e dependentes sen asistencia, comedores sociais, lexión de famentos medrando na percura de comida nos contenedores de lixo diante dos supermercados etc. Son todos actores frikis do paradiso capitalista. En que cine dis que botan a película?
Intelectuales coma André Gotz e Alaine Touraine fixeron o mito de que as clases traballadoras desminuian ao integrarse nas clases medias, e algúns o siguen creendo ainda que xa non existan clases medias, agora os pequenos burgueses están indignados. Hegel cando menos tiña mais clase ao definir o espritú dos tempos cultural como motor ideal da historia fronte ao materialismo marxista. A loita de clases ou o reparto da riqueza materialista é o motor da história. As burguesias detentan o poder mediante a dictadura do poder contra as clases baixas. Por eso no capitalismo non hai nin democracia nin liberdade, nin liberdade de prensa.
Explicallo deste xeito senon, non vai entender: un traballador gaña o salario base 600 euros, o patrón non quere sobirllo o soldo, o traballador ameaza con medidas de presión, o burgués ainda que obtivo mais beneficios non quere ceder por non perder parte do seu poder, ameazao con despedilo, ten a prensa do seu lado e o criminaliza, logo botalle enriba as forzas represivas, ao final o traballador, traballa mais en precario, mais horas e con menos cartos. Hai 200 anos era un aristócrata, agora é un burgués, pero a loita polo reparto da riqueza e o poder sempre é a mesma.
A relixión é o opio dos pobos, a promesa de que os probes imos ter a xusticia no ceo que negasenos na terra, E mentras tanto o clero ao lado dos poderosos, practicando a luxuria e a pederastia porque hipócritamente non poden casar pra que non se dividan as riquezas da Iglesía entre os vastagos de bispos e demais fauna. Tendo relacións ca mafia coa banca Ambrosiana e a loxia p2, matando a Roberto Calvi, tendo accións en fabricas armanentisticas, de condons etc. Quedome con aquelo que dixo un gran comunista: é mais doado que un camelo entre..
Reafírmome no dito. Vivides na era preindustrial.Ou na Corea do Norte de hoxe. Con xente coma vós, Galiza vaise ao carallo.
E eu reafirmome no dito fasrruquito, eres un paspán que fala do que non ten idea como de Corea do Norte, a onde nunca fuches e reproduces as mentiras de Falsimedia. O utro tonto útil pra o capitalismo. Por certo se queres saber de Corea do Norte cun pouco de visión verdadeira lee os artigos de Negreira que viaxa moito por ali.
Farruco, Galiza xa se foi ao carallo, grazas a inertes coma ti.
A relixión pode ser o opio dos pobos, pero nesa encíclica dinse cousas interesantes. Polo demais, coincido con Farruco en que vivides cun modelo de hai dous séculos que non so é que non serva para o noso tempo, o que ocorre é que resulta evidente para todo o mundo que non serve. Tamén hai quen cre na Regra de San Bieito como xeito de vida. Respeto esa crenza mentres non tenten imporlla aos demais contra a súa vontade, que aí é onde facedes augas. PD: ¿a que non me equivoco se digo que Antón é de letras?
ai manoliño o que sistema que serve é o capitalismo, o que fai que as nais de Somalia apreten cunha corda a barriga pra non sentir a fame e poderlle dar a sua comida aos seus fillos. Por certo Somalia foi autosuficente agricolamente e cuha ganderia moi productiva de trashumancia deica que botaron a Barre e obligaron ao país a unhas reformas neoliberais que puxeron as terras dos campesiños en máns de internacionais e oligarcas. Boto de menos eu que son respetuoso coas crenzas unha nova teoloxia da liberación, un mpnseñor Romero ou unha igrexa como a cubana que xoga un rol de compromiso coa sociedade, en troques de a igrexa do das xuventudes Hitleriabas.
O capitalismo ten sen dúbida as súas eivas e ten que ser sustituido ou evoluir cara a un modelo mellor, pero insisto en que é evidente para calquera cidadán que o marxismo, leninismo, estalinismo, non é a alternativa. Queredes controlar o funcionamento dunha sociedade empregando catro variables, ides á simplicidade, o cal é absurdo. A natureza podes ás veces suxeitarse a catro variables, a modelos matemáticos, ecuacións empíricas, etc. O comportamento humano non, e me parece simplista empeñarse en reducir a esas catro variables que poden aparecer no Capital o comportamente dunha sociedade. Por outra banda non sei porque sodes tan testudos. Se a día de hoxe ninguén ten conciencia de proletario, o proletariado non existe. Se isto é así, a loita de clases é unha entelequia, un absurdo. Haberá que desenvolver novos modelos que entusiasmen á poboación e non empeñarse en defender modelos do pasado.
Trabuqueime. O voso é Cuba, Venezuela e Brasil, onde o porvir da maioría das mulleres está en seren putas. Por eso anoxades da Merkel, de Cameron ou de Obama, uns machistas. Viva Chaves!
O capitalismo ten unha eiva moi grande...é inviable cara o futuro. Deixamos as vindeiras xeracións un planeta hermo e cheo de lixo. No capitalismo o que compre é obter beneficios canto mais axiña millor. Marx foi un cientifico, que analizaba a sociedade na historia. Suas leis son cientificas e comprobables como ben saben os ilustrados, só os iñorantes as rexeitan. Outra cousa é que non interese divulgalas. O capitalismo non é democrático, basase na dictadura da inxusticia da retención do poder por medio dunha minoria. Unha das suas estratexias é a desconcenciación de clase, facernos crer que todos somos opositores a entrar na burguesía, a chegar a magnates dende vendedores de xornais. O certo ,e que a fenda entre ricos e probes cada vez é maior, froito das plusvalias das rendas do capital.
farruco, sempre é millor semellar ser un imbecil, que abrir a boca e non deixar ningunha dubida comno no teu caso. A persistewncia na estupidez non a fai mais aceptable, só faina mais evidente. Chao e a curarse, namentras haxa sanidade publica.
Perdoa, aquí científicos os de ciencias. O resto tentan amoldar o método científico ás súas disciplinas. Nas prediccións dos economistas vemos que a súa cientificidade en tanto que capar de predecir, nunca funciona. E falar de que Marx foi un científico é como dicir que San Bieito tamén foi un científico porque algunhas persoas seguen a súa regra. Hai que por os pes no chan. As sociedades e os seus integrantes non se moven por traballar unha hora menos ou por gañar un pouco mais. A xente móvese por algo mais elevado que a entusiasme. A día de hoxe o marxismo non entusiasma a ninguén, vese como un modelo pasado e anacrónico. Hai que empregar outro modelo que entre nos miolos da xente, que a entusiasme como entusiasma o fútbol, algo que suscite paixón. No mesmo 15-M está o exemplo cercano de que a xente quere outra cousa, outro modelo que haberá que desenvolver de acordo coas peculiaridades do noso tempo, pero non lles fales de marxismo porque ninguén cre nel.
#19 Eu renego de seres viles como Angela Merkel e David Cameron, igual que o fago de Rodríguez Zapatero e Rajoy, igual que o fago de toda a clase política, por seren esbirros de poderes na sombra e estar só interesados en perpetuarse na poltrona. Renego de Hugo Chaves e Fidel Castro (gañándome o apelativo de "gusana"), tal e como a miña familia, procedente de Cuba e Venezuela, renegou de Pérez Jiménez e Batista hai cincuenta anos. Pero antes de falar en tales termos das mulleres cubanas e venezolanas ben podías lavar a boca con sosa cáustica. Prefiro non imaxinar o que pensarás das mulleres galegas que viven en precario.
Aixa, parabéns, probablemente escrebeche o mellor comentario que lin nunca neste xornal. Só espero que as señoras coma tí sexan cada vez maís e os ananos mentais coma Farruco sexan cada vez menos.
Nos comentarios anteriores vese claramente que existe unha loita (non queredes chamarlle de clases?) entre un concepto de sociedade e outro. Entre os ricos (ou os que pretenden selo) e os pobres que, curiosamente, cada dia son máis pobres.Para min a cousa é ben sinxela.Redúcese a se todos temos os mínimos vitais cubertos e ainda podemos "filosofar" en fin de semana, ou se temos que pelexar un cacho de pan con unllas e dentes. ¿Como se chama isto? Que máis da!! A solución ao problema é o que buscamos. Comunismo, socialismo, capitalismo, liberalismo,...etc., etc. Un xornal fecha porque non podemos filosofar a fin de semana; porque non podemos mercalo cada día, porque non podemos ser suscritor. Despois virian todas as discusión que queirades.
E ainda máis. No caso da prensa galega atopámonos diante do problema da falta dunha burguesía propia que defenda .como fixera nos principios do século pasado, xornais que identificaran un Pais con cultura, lingua e industria propias. Hoxe Madrisd gañounos a partida. Os pequenos burgueses queren emular a Corte se seudoempresarios, de seudocientificos de seudo intelectuais. Coma as moscas corremos cara onde parece que está o paraiso.Galicia non ten quen a defenda desta lacra social de burgueses advenidizos. Non temos empresarios galegos, con G; non temos intelectuais chantados aquí e non temos lectores de prensa galega en galego. En resúme, non temos GALICIA. O embigo do mundo está en Madrid e Barcelona. Así non hai que resista.
Podemos renegar dos políticos de turno, da dereita e da esquerda. Podemos aspirar a un mundo sen políticos. Eu apuntome, pero mentras tanto permitideme que poña os pes no chan e xogue coas cartas que teño. Que están marcadas? Poida que sí. Logo compre descubrir o "marcador"; compre desenmascarar aos que se presentan con caras de "corderitos" e son lobos auténticos.Péchannos os medios en galego e despotricamos contra todos e non lle damos a ninguén.Un PAIS non é tal sen prensa propia (en papel e democrática a fondo)