Pecha Xornal de Galicia

Aínda non se cumprira o seu terceiro ano de vida e Xornal de Galicia, un diario referente para a esquerda de Galicia, pecha as súas portas. A decisión chega en pleno verán. O Comité destaca o esforzo de todos os traballadores e lamenta a decisión.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 02/08/2011 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Tal e como avanzan algúns xornalistas a través das redes sociais e nalgúns blogs, como o do tamén xornalista Santiago Jaureguizar, o xornal propiedade de Jacinto Rey deixarase de editar o vindeiro xoves. Ese día será o último de vida en papel deste medio que nacía o 9 de decembro de 2008.

"Xornal de Galicia é xa un medio disposto a aportar información con criterio e calidade, en clave galega. Nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia. O diario tamén nace como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega, nas que observa con atención perspectivas galeguistas e progresistas que, se cadra, precisan ter máis proxección da que teñen". Esta era a folla de ruta do que estaba chamado a ser a gran alternativa dos medios progresistas e galeguistas en Galicia.

Sen embargo, a chegada do PP ao poder na Xunta supuxo un golpe duro para este medio que, desde entón, foi o azoute dos populares e que non recibiu, prácticamente, ningunha axuda institucional. A crise económica mundial veu, finalmente, a poñerlle a estocada a un medio que dirixe María Val e que estivo comandado ata o pasado abril por José Luis Gómez, que foi relevado do seu cargo por falta de sintonía con Jacinto Rey e, sobre todo, polas súa liña informativa crítica co PP.

Peche en vac acións

O peche de Xornal de Galicia chega en plenas vacacións e con moitos xornalistas de días libres e supón o despedimento de moitos dos seus 60 magníficos profesionais que souberon manter, a pesar das críticas duns e dos ataques doutros, un medio digno para Galicia. Desde Galicia Confidencial queremos solidarizarnos cos seus traballadores, como no seu día fixemos tamén cos de Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou a Peneira, e desexarlle ánimos nestes duros momentos.

O comité de empresa --integrado polo Sindicato de Xornalistas de Galicia e a CIG-- destaca o esforzo de toda a plantilla e lamenta fondamente esta situación. Nos vindeiros días analizaráse a situación creada tras a decisión da empresa, que foi comunicada na mañá de hoxe.

GC seguirá informando sobre o futuro destes profesionais e as causas do peche dunha nova cabeceira que, aínda que non estaba escrita exclusivamente en galego, potenciaba moito este idoma nas súas informacións. Esta é a quinta cabeceira de corte progresisita, esquerdista ou nacionalista que pecha nos últimos meses tras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e Galicia Hoxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

9 Antón

O que está claro é que a prensa capitalista feita para obter unha determinada influencia cun determinado goberno, desaparece pouco mais cedo ou tarde, cando desaparece dito goberno.

1 Antón

Farruco Corea do Norte foi un país dende o ano 45 ao 47, ano en que foi invadido polos estadunidenses que puxo a fronteira no paralelo 38, fixo unha guerra que costou 500.000 vidas de coreanos do norte. Hoxe a fai ver como eixo do mal e estado terrorista e ameaza con botarlles bombas nucleares, e deixa unha imaxe distorsionada que non ten ren que ver coa realidade como amosan os artigos entre outros de Juan Nogueira. Eu non son participe do desenrrolismo industrial, prefiro o desenrolo sostible, pero o país e o periodo da historia que tivo un progreso mais rapido foi a Unión Soviética dos 20 aos 50. eso non o din só os economistas marxistas, dinno todolos economistas en xeral.

2 Xabier G.

Antón, Comunismo,Autoritarismo, Fascismo...Non Obrigado. Gulag,Stalin, Morte, Represión, Control da Cidadanía, Pobreza...NON. Corea do Norte: ASASINOS

3 Antón

non vexas mais televisión Xabier, nin leas mais Falsimedia que non te fai ben pra os miolos.

8 Manolo2

Vais con un poco de retraso. Esta mañana ya salió la noticia en La Voz de Galicia. En fin, ahora vendrán los lamentos de los de siempre, de los que no compraban este periódico. Apostaron a una línea ideológica que en Galicia poca gente quiere y así les fue. Que se rasguen las vestiduras. Es lo que les queda.

1 xose compostela

A voz da m.... será o seguinte, afortunadamente

2 Antón

A Voz de m.. non será o seguinte, é o diario do réxime, o Boletín Oficial da Xunta, subvencionado por este orgaismo.

3 Bañez

LA voz ese gran xornal onde entras na Web e o primeiro que ves é "El dificil desembarco de Leticia" "Felipe ha hecho gala de la atención que presta a su familia y ha reaccionado rápidamente agarrando fuertemente a su esposa, que casi se cae al bajar de un barco" Iso si é un medio que mantén informada á xente dun xeito obxectivo. Cantro progreso trae o PP madre mía.

4 Manuel P.

yes you can Manolo, yes you can

7 Kapullinski

Bueno, ademais de "magníficos profesionais" tamén estaban os Xabieres e Dodas de turno... un pouco de humildade non lle vai vir mal a este persoal.

1 Abofé

Amén, hermano!

2 Aixa

Claro, pero tamén hai xente válida e cualificada que será a que probablemente perda o seu traballo. Os que están na torre de marfil teñen bos contactos e seguirán respirando pola ferida intentando pensar que son magníficos e infalibles.

6 Xornala

Es indigno para la profesión que primero te tengas que afiliar a un partido para luego poder trabajar. Mucha de la gente que trabajaba en xornal, eran buenos profesionales, pero había cierta discriminación hacia la gente no nacionalista o de otras ideologías. Es lo que tiene trabajar por ideología en un periódico, un ayuntamiento, o cualquier otro lugar por la línea política que uno siga, que cuando ganan otros o gobiernan los otros, toca chupar banquillo hasta nuevo bipartito. Eso siempre lo hubo y siempre lo habrá. Mientras tanto la profesión de periodista sigue relegada a ser un artífices del correveidilismo del partido de turno. Évos o que hai.

1 Magoa

esto pasa en todos os medios... e xa non digo nada da TVG e Radio Galega

2 José Tomás

Quedouche a cabeza descansada, non si! menudo ignorante iluminado que estas feito/a. O único indigno que hai aquí sodes vós, fachas do carallo. Do Tomás de abaixo non vou dicir nada...

3 Xornala

José Tomás os que non son coma vos somos fachas e ignorantes, non si? Vos sodes listos e guapos! o voso afán categorizador é algo que vos representa moi ben. Cando gana o outro partido toca foderse e amar a deus.

4 José Tomás

Os que non son coma nós non: OS QUE SON COMA TI.

5 xornala

A rañala raparigo

5 xan soares

E unha noticia moi mala polo ben da saude democratica que xa case que non existe. En todo caso, esta claro que en papel, tan so sobrevive a prensa subvencionada e co actual presidente de Galicia, so a prensa en Castelan e logo o eterno conto de que e a que se le. Xornal de Galicia, en todo caso tinha moito que aprender de GC que polo menos permite un for totalmente aberto e sen censuras. Un saudo.

1 Xabier

Quedan en galego medios aos que hai que seguir -porque son bos, e amosan seren unha alternativa á prensa comercial que está pagada polo poder xunteiro, e porque teñen o compromiso coa lingua desde o seu nacemento-. É o caso da revista mensual TEmpos Novos, con máis dunha ducia de anos nos quioscos e sen a máis mínima tacha de entreguismo. É o que queda en papel, coa dignidade e a altura intelectual de sempre. Veño de subscribirme a ela, porque até agora mercábaa no quiosco, pero din no último número que precisan duplicar o número de subscritores.

2 Santi

Tes razón. Eu xa estou nos dous, no Tempos e no Galicia Confidencial. Son dos dous que aínda lle dan un pouco de dignidade a este país.