Pecha Xornal de Galicia

Aínda non se cumprira o seu terceiro ano de vida e Xornal de Galicia, un diario referente para a esquerda de Galicia, pecha as súas portas. A decisión chega en pleno verán. O Comité destaca o esforzo de todos os traballadores e lamenta a decisión.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 02/08/2011 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Tal e como avanzan algúns xornalistas a través das redes sociais e nalgúns blogs, como o do tamén xornalista Santiago Jaureguizar, o xornal propiedade de Jacinto Rey deixarase de editar o vindeiro xoves. Ese día será o último de vida en papel deste medio que nacía o 9 de decembro de 2008.

"Xornal de Galicia é xa un medio disposto a aportar información con criterio e calidade, en clave galega. Nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia. O diario tamén nace como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega, nas que observa con atención perspectivas galeguistas e progresistas que, se cadra, precisan ter máis proxección da que teñen". Esta era a folla de ruta do que estaba chamado a ser a gran alternativa dos medios progresistas e galeguistas en Galicia.

Sen embargo, a chegada do PP ao poder na Xunta supuxo un golpe duro para este medio que, desde entón, foi o azoute dos populares e que non recibiu, prácticamente, ningunha axuda institucional. A crise económica mundial veu, finalmente, a poñerlle a estocada a un medio que dirixe María Val e que estivo comandado ata o pasado abril por José Luis Gómez, que foi relevado do seu cargo por falta de sintonía con Jacinto Rey e, sobre todo, polas súa liña informativa crítica co PP.

Peche en vac acións

O peche de Xornal de Galicia chega en plenas vacacións e con moitos xornalistas de días libres e supón o despedimento de moitos dos seus 60 magníficos profesionais que souberon manter, a pesar das críticas duns e dos ataques doutros, un medio digno para Galicia. Desde Galicia Confidencial queremos solidarizarnos cos seus traballadores, como no seu día fixemos tamén cos de Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou a Peneira, e desexarlle ánimos nestes duros momentos.

O comité de empresa --integrado polo Sindicato de Xornalistas de Galicia e a CIG-- destaca o esforzo de toda a plantilla e lamenta fondamente esta situación. Nos vindeiros días analizaráse a situación creada tras a decisión da empresa, que foi comunicada na mañá de hoxe.

GC seguirá informando sobre o futuro destes profesionais e as causas do peche dunha nova cabeceira que, aínda que non estaba escrita exclusivamente en galego, potenciaba moito este idoma nas súas informacións. Esta é a quinta cabeceira de corte progresisita, esquerdista ou nacionalista que pecha nos últimos meses tras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e Galicia Hoxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

4 Tomás

No es mala noticia. La bloqueirada aparte de ser analfabeta,cada día escasea más. A quien se le ocurre montar periódicos con una línea editorial marginal.

1 oquehai

Don Tomás le falta a usted escuela. La crítica por muy marginal que sea siempre debe existir, claro que es fácil extinguirla si se subvenciona siempre al "juglar del rei-no"

2 Xabier G.

É unha boa decisión. Miles de galegos e galegas acuden ao seu computador nas súas casas. Son a Galicia culta. Esa, que coa existencia de internet, non demanda papel. Hai que ver como aumentan as visitas a web. Este non é o futuro. Xa é o presente. Vivo nun concello rural e podovos asegurar que aquí nas tabernas só hai El Progreso e en algúns La Voz de Galicia. Mais a xente de 50 para baixo sabe o que sae no Xornal de Galicia, e nunca o foron procurar ao quiosco. A rede é un problema para as posturas cerradas, tanto do PP como do BNG.

3 Andamolho

Nada novo,estanse a cumprir os plans antiidentitarios do nacionalismo espanhol e do autonomismo galego, creanse medios de comunicacion para fechalos, que fica na idea da sociedade? o galego vale para a casa mas mirade coma para as cousas importantes a xente acode a lingua de comunicacion, o espanhol/castellano. E ainda hai quen pretende facernos cre que o Galego pode sobrevivir o pé de igualdade do castellano, Galiza so ten um caminho ou soberania ou desparición, de nós depende.

2 Máis debate

E como deixedes entrar ós mantidos da UPG a emporcar estes foros, tamén pronto pecharán o Galicia Confidencial. Xa pecharon Vieiros, A Nosa Terra, Galiza Nación, Galicia Hoxe, Chuza, e agora o Xornal. Deixade que emporquen estes foro e que o pechen e logo xa so lles quedará o Terra e Tempo, que é o seu catecismo

1 Arenga

Está claro que frijol vai conseguir o que nom conseguiu ninhum outro nacionalista espanhol, que tanto abundam nesta terra, a desapariçom do galego da vida pública e como siga assim de toda vida. Agora viram os de sempre que "xornal" fecha pq nom se vende e nom sei que mais, mas a coz, o farol e demais se nom fecham é polas subvençons, assim que quem fecha jornais é quem dá as subvençons, isso é frijol &company, se nom, reto a que retirem todas as subvençons a prensa escrita, a ver quantos sobrevivem coas suas vendas. Mas isso nom interessa já que iria-se ao traste a falsa teoria de que os meios em galego ou de pseudo-esquerda fecham por nom ter vendas e os de direitas nom facham pq se vendem.