Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 20:20
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a benvida ao Bloque Nacionalista Galego ao escritor Suso de Toro, quen anunciou o xoves que solicitou a afiliación á formación nacionalista.
"Benvido Suso ao BNG. Para o meu é un orgullo compartir proxecto común contigo. Temos as portas abertas para todas as persoas que levan a Galicia na cabeza e no corazón", sinala Pontón a través do seu perfil da rede social 'Twitter'.
Precisamente, foi a través de 'Twitter' onde Suso de Toro deu a coñecer que pedira afiliarse ás filas do Bloque. "Solicitei afiliación ao BNG. Levo décadas analizando a vida social e política galega e española e xa sei o que dá de si. Finalmente vexo como tratan a Galicia os partidos estatais nos orzamentos cando non temos representación propia. Estamos indefens@s", manifestou.
Respecto diso, Ana Pontón asegurou que "cada día é máis evidente a \
RELACIÓN CON ZAPATERO
Curiosamente, Suso de Toro estivo moi próximo ao PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero, que chegou a confesar que lía os seus libros. O escritor mesmo realizou unha biografía do ex presidente socialista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.