Reorganización en Navantia dentro da súa estrutura corporativa para impulsar o novo Plan Estratéxico

A nova estrutura reflicte unha sere de cambios dirixidos a simplicar e incrementar a eficiencia segundo di a empresa.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 25/01/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O comité de dirección de SEPI aprobou unha nova estrutura da dirección corporativa de Navantia, co obxectivo de impulsar un cambio cultural na compañía cara ao futuro, segundo informou a empresa nun comunicado.

Buque 'Supply' que será botado en Navantia Ferrol. EUROPA PRESS - Arquivo
Buque 'Supply' que será botado en Navantia Ferrol. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Esta nova estrutura, proposta pola presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, busca impulsar a aplicación do novo plan estratéxico e do primeiro convenio colectivo intercentros, á vez que permitirá abordar os retos dos grandes programas en marcha. De Sarriá asegurou, nunha mensaxe dirixida a persoal, que a empresa inicia unha etapa "fundamental" para garantir o seu futuro e sinalou que para iso é ineludible" abordar un profundo proceso de transformación.

A nova estrutura organizativa reflicte unha serie de cambios dirixidos a simplificar e incrementar a eficiencia na toma de decisións. Ademais, preténdese potenciar o foco en programas de defensa, impulsar a diversificación e consolidar os negocios e servizos que permitan obter unha contratación de maior valor engadido, así como incrementar o posicionamento no mercado internacional. A compañía explicou que esta medida tamén permitirá asegurar o rexuvenecemento do persoal mediante a incorporación de "talento novo" e dun plan de formación que acheguen novas capacidades á compañía.

NOVAS DIRECCIÓNS

Esta reorganización contempla, entre outras novidades, que a Dirección de Estratexia liderará a implantación do plan estratéxico e que pasa a integrar a comunicación interna e externa e as accións de Responsabilidade Social Corporativa. tamén se crea unha nova Dirección de Tecnoloxía e Transformación Dixital, que asume todas as funcións de tecnoloxía e dixitalización asociadas á implantación do Estaleiro 4.0 e da transformación dixital, así como as actividades de I+D+i.

Pola súa banda, a Dirección Comercial e de Desenvolvemento de Negocio mantén toda a actividade comercial, mentres que a Dirección de Operacións e Negocio incorpora entre os negocios principais da compañía os novos de servizos e internacional. Créase, á súa vez, a Secretaría Xeral, á vez que a Dirección de Recursos Humanos mantén as súas responsabilidades, mentres que a Dirección de Finanzas terá as funcións de finanzas, administración, asesoría fiscal e control de xestión. Igualmente, as direccións de Auditoría Interna e Comité de Cumprimento manteñen as súas competencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta