Cando se torceu o “Socialismo do século XXI”?

Que é o que está acontecendo en Venezuela?. Como está a situación económica do país caribeño?. Laudelino Pellitero, analista internacional especializado en Latinoamérica, aborda neste artigo a evolución da enonomía venezolana e a súa situación actual.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/01/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Nesta Venezuela bipolar das últimas dúas décadas, o chavismo foi quen de afianzarse durante os dous primeiros lustros, maila os intentos desestabilizadores da oposición. Os datos económicos foron moi satisfactorios durante esa década,  acompañados cun alto prezo do barril de petróleo, con crecementos espectaculares do PIB e coa posta en marcha de xigantescos programas sociais, denominados como “Misións”. Moitos son os logros dos bolivarianos durante a primeira década en  educación, a sanidade, a urbanización dos barrios populares, vivenda social... Mais tamén na economía onde as cifras de crecemento anual do PIB, chegou a ser dos máis altas do mundo. Mais do 50% entre 2004 e 2008.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

A partir do 2009 observamos os primeiros síntomas de esgotamento do modelo, acelerados por unha drástica baixada nos prezo do petróleo nos mercados mundiais. Será no 2014 cando acontece un feito transcendental para entender o actual declive.  De xuño ata comezos de xaneiro de 2015 o petróleo, que supón máis do 90% dos ingresos de Venezuela, cae ata os US$ 68,5  nos mercados internacionais.

Se cada dólar que oscila o prezo do petróleo ten un efecto de US$658 millóns nos ingresos de Venezuela, poderemos cuantificar o descomunal impacto da caída do petróleo nas arcas do estado e na liquidez en dólares.

O EFECTO DO PETRÓLEO

Quizais este fose o principal factor que golpeu a economía. Certo que o estado dispón de moitos menos dólares para importar alimentos, medicinas, insumos para produción, repostos, maquinaria... A limitada disposición de dólares, golpeou colateralmente os aparellos  industriais que tiveron limitar o acceso á tecnoloxía e a modernización, impactando na eficiencia produtiva
Pero existen que tamén outras decisións que repercutiron na crise económica que xa dura máis dun lustro, na que segundo a CEPAL, a pobreza volveu aumentar, logo dunha considerable reducción.

Desenvolvemento Endóxeno, foi un lema repetido ata a saciedade, dende os promotores do “Socialismo do século XXI”. O obxectivo era producir internamente todos os rublos de alimentos e mercadorías que historicamente se importaban. Creáronse milleiros de cooperativas que recibiron subvencións publicas para poñer a andar os seus proxectos económicos. Agás en contados casos, o fracaso foi rotundo. Tiveron un recorrido moi curto, por falta de capacitación  ou por dificultades organizativas.

Outro dos freos da economía foi o “control de cambios”, onde ningún axente da economía privada poida importar produtos cos seus propios dólares para levalos ao mercado venezolano, sen incorrer en delito penal. Este feito ten acentuado o desabastecemento. Segundo as regras economía de mercado, os prezos fíxaos a relación entre a demanda e a oferta. Cando a oferta tan escasa os prezos tenderán a subir imparables mentres haxa persoas que dispostas a comprar un ben escaso.

PRODUTOS BÁSICOS

Tampouco axuda a minguar a escaseza,  o “control de prezos” ao que se somete aos produtos básicos. Leite, fariña, aceite, pasta, polo, papel hixiénico, manteiga, maionesa, arroz, azucre... Chegan ao mercado cun prezo regulado polo goberno. Un prezo que na maioría dos casos esta por baixo dos custes de produción, polo que o interese das empresas en subministralos  é nulo.  Estes produtos básicos son tan procurados, teñen un prezo tan apetecible, que cada vez que chegan aos supermercados formase unha ringleira que so se consume cando o produto se esgota. Os  produtos que escapan ao control de prezos, véndense a prezos extremadamente caros.

OS MILITARES

Sabido é que Chávez era un militar. Que gran parte da estabilidade de Venezuela, débese ao activo papel que as forzas armadas xogan na vida política, social ou económica. Pero a eficiencia na xestión económica dos xenerais, é manifestamente mellorable. Dirixen ministerios, empresas, programas económicos, bancos, compras importantes nos mercados internacionais. As Forzas Armadas son o esqueleto que sustenta o modelo político. A miúdo dirixen estas parcelas de poder con pouca eficiencia e profesionalidade, converténdose nun problema crónico do réxime. En moitos casos aprovéitanse dos seus cargos para conseguir un enriquecemento rápido en base a arbitrarias e corruptas decisións.

Esta visión pesimista da corrupción en Venezuela, non é exclusiva  dos opositores, nin dos analistas. Tanto Chávez, durante o seu mandato, como Maduro, concordan en considerala como un dos grandes retos e problemas de revolución.

Se non varían algunhas destas  controvertidas decisión económicas, que ningún outro país  suramericano ten implantado ( Bolivia, Ecuador, Uruguai, Nicaragua..), vai ser difícil recuperar a senda da creación e reparto de riqueza. Cunha economía en recesión e unha popularidade cuestionada, as forzas desestabilizadoras, teñen máis doado alterar a senda democrática do país caribeño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Un sistema que, simplemente, non funciona. Só produce miseria e desabastecemento. 1000 e pico de inflacción ao ano. E un presidente de profesión buseiro, que, lóxicamente, carece de calquer tipo de preparación ou de estudos parta ocupar o seu cargo. So sabe largar panfletos infantis. E eso nun país super rico e non moi poboado. un desatre.

1 Gamela

Os índices de corrupción publicados por Transparencia Internacional son demoledores Venezuela 18/100 (sabemos que non son moi fiables estes índices pero aínda así debemos telos en conta se queremos saber de que pais falamos!) Portugal sácanos 6 puntos ! Guinea Ecuatorial ándalle cerca con 16/100 ! O problema da corrupción é o cancro de calquera sistema democrático! https://www.transparency.org/cpi201... Non sei se isto pódese chamar solialismo do século XXI ou simplemente Alí Babás !

1 Gamela

Algúns dos Alí Babás tamén lles gustaba a Banca Privada d’Andorra (coma ao Clan Pujol do que non sabemos nada de nada...) https://elpais.com/internacional/20... Chercher l´argent