Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 13:04
Toda a frota galega permanece amarrada este venres debido á forte ondada e ao mar de fondo que rexistra o litoral de Galicia, en aviso vermello desde A Guarda (Pontevedra) a Estaca de Bares (A Coruña) e en amarelo entre este cabo e Ribadeo (Lugo).
O temporal de vento e choiva 'Helena' que afecta a Galicia impediu aos barcos de todos os portos galegos saír a faenar este venres. Así, segundo confirmou Europa Press, desde o porto de Ribadeo ao da Guarda as embarcacións permanencen amarradas polo estado do mar, que podería deixar ondas de ata 10 metros no litoral galego.
Segundo as predicións de Portos do Estado, o punto crítico da ondada neste venres alcanzarase a partir das 18,00 horas, cando un fenómeno meteorolóxico adverso alcanzará a costa galega deixando ao seu paso ondas de ata 10 metros. Con todo, este fenómeno terá máis incidencia no litoral norte de Portugal, aínda que provocará un empeoramento das condicións marítimas en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.