Afíns á actual dirección de Podemos Galicia gañan as primarias celebradas en 22 municipios

Os resultados supoñen un respaldo á executiva, que prevé con iso ter máis facilidade para negociar confluencias nos concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Afíns á actual dirección de Podemos Galicia, que lidera Antón Gómez-Reino, foron os máis votados nas primarias celebradas en 22 municipios galegos para confeccionar as listas das próximas eleccións do 26 de maio, o que supón un respaldo á executiva e en principio facilitará as futuras negociacións para conformar as distintas confluencias nas cidades.

Fontes do partido que lidera Antón Gómez-Reino consultadas por Europa Press destacaron que "a participación foi moi boa" e permite á organización acudir aos comicios "desde unha posición de forza". As eleccións municipais de maio serán as primeiras ás que Podemos se presenta, xa que en 2015 decidiu non concorrer oficialmente aos comicios e apoiar, con maior ou menor grao de implicación, as candidaturas de unidade popular.

Aínda que está por ver o que ocorre nas conversacións para dar forma ás confluencias, é previsible que en cidades nas que xa están consolidadas --e ademais gobernan-- como é o caso da capital galega e A Coruña se repeita a fórmula das anteriores eleccións, con Compostela Aberta e Marea Atlántica.

De feito, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xa presentou o pasado fin de semana a súa lista para concorrer coa Marea Atlántica, na que cinco dos seus actuais concelleiros ocupan os primeiros postos, seguidos do seu xefe de gabinete e que reserva o número oito Isabel Faraldo, o primeiro posto que leva Podemos nesa candidatura.

Precisamente, Faraldo tamén firuga no posto número un na votación celebrada pola formación morada para o corpo de lista para o Concello de Coruña, o que ratifica a lista xa presentada por Xulio Ferreiro. Tras ela, nas primarias situáronse como máis votados Adrián García Seijas e María Dores Ponte Miramontes.

No caso de Santiago, e ao contrario que na Coruña en que non se votou posible alcaldable, houbo dúas candidaturas a cabeza de lista para o Concello e resultou vencedora a de Álex Botello, cun 60,94% dos votos, fronte ao 39,06% de María Pazos. El tamén ocupa o primeiro posto na votación para o corpo de lista, seguido de Sigrid Campo Regueiro e Jesús Pais Bernaldo.

Botello, que se enfrontou a David Domenech nas eleccións primarias para ocupar a secretaria local de Podemos na capital galega --nas que non venceu--, terá agora que integrarse na lista de Compostela Aberta, que goberna a capital galega con Martiño Noriega á fronte como alcalde, quen xa confirmou que repetirá como candidato.

Antón Gómez Reino votando nas primarias de Podemos Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Antón Gómez Reino votando nas primarias de Podemos Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

PONTEVEDRA E OURENSE

Máis no aire está o que ocorrerá en localidades como Pontevedra e Ourense. Na primeira, Podemos presentou unha único cabeza de lista, José Ramón Otero Quinteiro, quen gañou co 100% dos votos; mentres que no corpo de lista álzase coa primeira posición Bárbara García Iglesias. Na cidade do Lérez está presente Marea Pontevedra --con representación na corporación local--, cuxo líder, Luís Rei é afín ao portavoz de En Marea, Luís Villares, dirección á que está enfrontada Gómez-Reino.

En Ourense, a única candidata de Podemos para cabeza de lista era Vitoria Álvarez Docabo e no corpo obtivo o maior número de votos a candidatura de Sandra Armesto Baztán. De Ourense en Común é David Bruzos, afín a Gómez-Reino, pero está por ver como frutifican os contactos e as distintas alianzas.

En canto a outros municipios, as primarias de Podemos deron como vencedora a candidatura de Iria Sotelo en Vigo, onde Xaquín Pastoriza foi o único que se presentou como cabeza de lista.

En Lugo, José Manuel Pérez Afonso --que no seu momento amagou con presentar candidatura ás primarias de Podemos Galicia pero deu finalmente o seu apoio a Gómez-Reino-- tamén conseguiu o maior número de votos como líder dunha lista, mentres que a candidatura de Begoña Pedrouzo foi a máis votada para o resto da candidatura.

O mesmo ocorre en Ferrol, con Guillermo Fernández Rivera como cabeza de lista e Susana López Verde, respectivamente. Na cidade departamental goberna Ferrol en Común, que aínda que a nivel local tivo disensións coa formación morada, recibiu o apoio explícito da dirección autonómica de Podemos Galicia en varias ocasións.

RESTO DE LOCALIDADES

No resto das localidades, unha das máis conflitivas para Podemos era Cangas (Pontevedra), onde había dous candidatos a cabeza de lista e obtivo o mellor resultado Francisco Javier López Nartallo, co 62,07% do voto, fronte ao 37,93% de Javier Pérez Troncoso.

Nesta vila mariñeira do Morrazo resultou gañadora a candidatura, para lista de corpo, de María Teresa Villar Suárez, seguida da de Jorge González Ledo.Os outros concellos nos que se celebraron primarias foron Ames, Betanzos, Cedeira, Valdoviño, Sarria, Viveiro, Baiona, Gondomar, Marín, O Grove, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

para ser a cidade máis poboada de Galicia non parece que 290 votos representen a ninguén! https://i.gal/gamela03 ¿Alguén sabe a que xoga esta xente de Vigo?