Anova prevé dialogar con EU e Podemos para concorrer ás xerais, pero elude a En Marea

Aposta por dar continuidade ao proxecto de "Unidade Popular" como forma para "frear" a tendencia "autoritaria" do bloque composto por PP, C's e Vox.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A formación galega Anova confirmou que iniciará un proceso de "diálogo político" con Esquerda Unida e Podemos, sen citar a En Marea, para reforzar un proxecto de "Unidade Popular" en Galicia de cara ás eleccións xerais do 28 de abril. O obxectivo é "frear" a deriva "autoritaria" do "bloque reaccionario de PP, C's e Vox".

No mesmo sábado no que en En Marea, liderada por Luís Villares, activa as súas primarias para elixir candidatos para o 28 de abril, Anova comunicou formalmente a súa intención de iniciar o proceso de diálogo. Como punto de partida, sitúa dar continuidade ao camiño que iniciaron AGE, as mareas municipais e o Acordo de Mazarelos, xunto coa Asemblea de Vigo como "aposta pola ruptura democrática".

Nun comunicado no que en ningún momento se cita a En Marea, parece confirmarse a nova fenda aberta esta semana, cando catro dos cinco deputados no Congreso votaron a favor dos Orzamentos Xerais do Estado. Desta forma, seguiron as directrices de Unidos Podemos e non as da dirección de En Marea de Luís Villares. Tan só Alexandra Fernández votou en contra das contas do PSOE, tal como acordara o Consello das Mareas. 

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Igrexas (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Igrexas (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

UNHA MAIORÍA CIDADÁ FRONTE Á "DERIVA AUTORITARIA" DE PP, C'S E VOX

Neste contexto, Anova proclama que as eleccións do 28 de abril convócanos "a sumar forzas" para "frear" unha deriva "autoritaria" impulsada por "forzas políticas ultraconservadoras". O deste partido é un chamamento específico a facer fronte á "tríada reaccionaria de PP, Ciudadanos e Vox, que se fixeron co goberno de Andalucía e queren facerse co control do Goberno do Estado para limitar dereitos sociais e democráticos fundamentais pondo en risco a convivencia democrática".

Ante isto, Anova Irmandade Nacionalista insta a "activar, política e socialmente", "unha maioría cidadá" para "derrotar o programa de austeridade neoliberal e a tentación de limitar as liberdades e recentralizar o Estado", do que acusan ao "bloque reaccionario que lideran Casado, Rivera e Abascal".

É máis, Anova alerta de que "os dereitos e liberdades conquistados tras anos e anos de loita atópanse en perigo", o que fai que o 28 de abril "non sexa unha cita electoral calquera". "O seu resultado determinará unha solución autoritaria ou democrática para superar a crise do Réxime do 78 que deixou á luz o 15-M e o dereito a decidir en Cataluña o 1-O".

Anova recalca que ten "unha responsabilidade enorme" cos cidadáns que queren "un instrumento político para as maiorías sociais de Galicia que non se resignan", e por isto avoga por dar "continuidade ao camiño de Unidade Popular" iniciado anos atrás.

Tras citar a Esquerda Unida e Podemos e eludir en todo momento a En Marea, remarca que inicia o diálogo político cos aliados cos que compartiu espazo, xunto con axentes cidadáns e sociais, para definir a alternativa coa que presentarse ás eleccións xerais de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Anxo Lois

Será pra frear a deriva autoritaria do "Bloque", ou sexa, do BNG, porque estes nacionalistas galegos demostraron que alén do Padornelo eles esquecen o seu galeguismo e fanse servos de-votos do grande lider Pablemos e da marca España. Teñen menos futuro que a pita de monte en Galiza (por certo, o derradeiro exemplar foi cazado polo infame Iribarne). E que conste que o xesto de Alexandra foi cara a galería, ela sabía perfectamente que os orzamentos non pasaban o corte e quixo quedar ben coa parroquia (a boas horas...). Igual pensa que o BNG recicla...

3 Serafín

A canto se paga o quilo de galeguiño manso? Seica en Madri os domésticos do noroeste son de sempre moi aprezados! Pois nada, todos a servir a don Pablo e dona Irene, marqueses de Galapagar de la Sierra! Valórase que leven carta de recomendación do pazo do Beiras, ser adulador e investir no ego do amo, e non incomoda o acento rexional, para aparentar pluralidade.

2 Comegazpachos e fodechinchos

Estafadores e vendidos, Nunca Mais.

1 lóstrego

Sipaiada!!!