Abel Caballero e Santiago Rey Fernández-Latorre firman a paz en público a tres meses das municipais

O rexedor convidou ao editor do Grupo Voz a visitar a alcaldía viguesa logo de anos de desencontros e duras portadas do xornal coruñés cara ao alcalde. En xogo estaban moitos centos de miles de euros en subvencións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/02/2019 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

“O Concello de Vigo, en recoñecemento ao diario La Voz de Galicia e ao seu editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, por 137 anos de información e polos 50 anos da súa dedicación a Vigo”. Isto é o que recolle a placa que este xoves lle entregou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao editor do Grupo Voz, un grupo mediatico coruñés.

Santiago Rey e Abel Caballero no Club Financiero de Vigo
Santiago Rey e Abel Caballero no Club Financiero de Vigo | Fonte: @CFAtlantico Foto: M. Moralejo - La Voz

Foi durante un acto ao que asistiu Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e todos os directivos e traballadores do Grupo Voz en Vigo. “Yo quería darle relevancia a lo que está sucediendo aquí en este momento. La presencia del editor de La Voz de Galicia es para nosotros un honor. Tengo el honor de recibirte en la Alcaldía por tu forma de entender Galicia y de respetar a Vigo”, díxolle Caballero a Santiago Rey durante a recepeción oficial

É a primeira vez en moito tempo que o dono do imperio mediatico coruñés visita a alcaldía de Vigo logo de anos de desencontros nos que esa cabeceira foi moi crítica en Vigo, e en Galicia, co alcalde vigués. De feito, o rexedor mesmo chegou a dicir que “La Voz de Galicia era La Voz de La Coruña” e que el prefería o Faro de Vigo. Foi durante os convulsos momentos da fusión das caixas galegas onde o editor de La Voz chegou a acusar a Caballero de "localista".

Pero eses tempos de desencontros xa quedaron atrás. Logo da abafante maioría absoluta de Caballero e de que a súa man dereita, Carmela Silva, pasara a presidir a Deputación da Coruña, o grupo Voz decidiu cambiar de estratexia. Cesaron as portadas críticas con Abel Caballero e comezou unha aproximación. “E que había moito diñeiro en xogo”, apuntan fontes do mundo da comunicación.

De feito, perder as subvencións que pode recibir por parte do Concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra e de alcaldes afíns a Caballeros podería poñer en serio risco a viabilidade económica deste grupo de comunicación. O primeiro paso foi en xullo pasado, cando xa coincidiron no Club Financiero de Vigo nun encontro de empresarios e continuou co asistencia do alcalde aos premios Fernández Latorre dos que levaba ausente varios anos.

Agora está por ver se esta aproximación de Caballero a La Voz de Galicia ten efectos en Faro de Vigo, o seu gran competidor na provincia de Pontevedra, e segundo medio galego en importancia. Un xornal que está moi próximo ao alcalde vigués e que tamén recibe cuantiosas axudas do concello e da deputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Unha vaselina de Abel para colocar a Carmela Silva en Monte Pío ! Abel xa ten unha televisión Localia e un periódico o Faro... agora só precisa de La Voz para dar o salto á Xunta de Galicia! A ver cantos cartos ten que pagar para a campaña das Cies...?

2 son da coruñeda city

e xente de expañol... ademáis a coz debe ter moitos buracos negros e teñen que tapar con cartos e quen mellor que os cidadas-paganitos de impostos do concello de VIGARDOS... e coma aquel acordó molotov-ribrentrop...

1 Braisiño

Se é que todos son iguais.... Pouco respeto polo diñeiro público. Corrupción total.