O Estado ten incautadas 180 propiedades do narco Marcial Dorado, o que fora amigo de Feijóo

A responsable do Plan Nacional sobre Drogas, Azucena Martí, destaca que Galicia é un exemplo de "empoderamento" social contra o narcotráfico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A responsable do Plan Nacional sobre Drogas, Azucena Martí puxo como exemplo paradigmático dese proceso de "devolver á sociedade" o que lle usurparon os narcotraficantes a venda que este xoves tivo lugar ao Concello de Vilagarcía dunha antiga propiedade de Marcial Dorado no centro da cidade.

O Concello de Vilagarcía adquiriu a casa e a leira por 170.000 euros antes de que saíse a poxa e, tras a súa rehabilitación, será destinada a servizos sociais municipais.

A delegada do Plan informou de que o Estado xa ten rexistradas ao seu nome 180 propiedades do narcotraficante Marcial Dorado, e destacou "polo seu valor simbólico" o feito de que esta semana pasase a ser propiedade do Estado a vivenda que tiña na Illa de Arousa. "A partir de agora faremos a valoración e seguiranse todos os procedementos precisos ata que salga a poxa", concluíu.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

GALICIA "EXEMPLO DE EMPODERAMENTO"

"Galicia é un exemplo para España e para o mundo de empoderamento da sociedade civil contra o tráfico de drogas e as súas consecuencias", así o sinalou, ás portas do pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa, Azucena Martí, lembrando á sociedade que "se enfrontou a toda a delincuencia" asociada ao narcotráfico, "e que conseguiu, ademais, que as conciencias e os recursos dos políticos se puxeran tamén ao servizo desa mobilización social".

A delegada do Plan Nacional atribúe á mobilización da sociedade galega a que todos os recursos públicos, desde as Forzas de Seguridade do Estado aos xudiciais, os dos concellos e os das comunidades autónomas, "se puxeran ao unísono á tarefa de combater e gañar" ao narcotráfico.

Azucena Martí visitou este venres o Pazo Baión, a que foi a máis emblemática propiedade de Laureano Oubiña, convertida hoxe en adega e centro de enoturismo. Posteriormente, desprazouse ata o Pazo de Vista Real, antigo fortín do clan dos Charlines, que acolle un viveiro de empresas e un centro de formación ocupacional.

Tras coñecer de primeira man o proceso de rehabilitación destas dúas icónicas propiedades, a delegada do Plan Nacional sobre Drogas subliñou a importancia que ten o que ese patrimonio fose devolto á sociedade para o seu uso cultural, social, económico ou empresarial.

Azucena Martí animou ás autoridades galegas e aos colectivos sociais a manter alta a garda e o seu nivel de compromiso "para que Galicia siga sendo ese exemplo de empoderamento".
Ademais, a delegada lembrou que a creación do Plan Nacional xurdiu por mor da necesidade de recadar e xestionar o diñeiro que chega ao Estado unha vez que son firmes as sentenzas dos narcotraficantes. "O que facemos nós despois é distribuílo para programas de prevención e de reinserción social en materia de drogodependencias", apuntou.

A CASA DE MARCIAL DORADO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta