Por Galicia Confidencial | Verín | 28/02/2019 | Actualizada ás 09:00
O director xeral de Gandeiria, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre Balseiro Guinarte, confirmou a existencia de graves problemas cos xurros e residuos producidos polas granxas nas comarcas da Baixa Limia e o Deza. Unha situación á que dixo, a Xunta, está tentando buscar solucións.
Balseiro Guinarte, xunto con outros oito funcionarios da súa consellería, mantivo un encontro con representantes de produtores de pataca, da asociación de gandeiros ADEGAL e do MEL (Movimento Ecoloxista da Limia) nos Actos do IXP pataca da Limia que tivo lugar este martes.
Segundo informa o MEL nese encontro, “literalmene o señor Silvestre dixo que na Limia hai un grave problema cos residuos producidos nas granxas da comarca, especialmente de porcino e avícolas”. Na xuntanza tamén explicou que esta situación tiña que dar unha volta de 180 grados e que “non se podía verter máis xurro na zona e que os sectores afectados tiñan que aceptar esta decisión, pois a situación é dunha extrema e insostible envergadura”.
Ademais, destacou que a comarca do Deza padece unha situación de “colapso” por contaminación de granxas parecida á da Limia. No encontro, o director xeral informou de que a Xunta, co conselleiro á cabeza, convocarán un encontro para abordar a regulación da xestión dos residuos animais, promoción da calidade dos produtos autóctonos, compromiso de darlles saída nos mercados e implicacion e compromiso por parte das empresas agroalimentarias nun modelo baseado na e”xcelencia da calidade e nun autentico respecto ao medio ambiente.
A esa xuntanza serán convocados as mesmas entidades que acudiron á deste martes, ademais da Plataforma Auga Limpa Xa e a coñecida empresa agrogandeira Coren. Ademais, desde o MEL pediron que tamén acudan representantes dos sindicatos agrarios. “Desde o MEL vamos outorgar confianza e ilusión a este proxecto, pero advertimos que do mesmo xeito saberemos actuar coa contudencia da que fixemos gala durante 40 anos de existencia”, apunta nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.