Santiago presenta un novo recurso para recuperar as estatuas roubadas do Pórtico da Gloria

Román Rodríguez precisa que non "houbo diferenzas" entre a Xunta e o Concello no enfoque desta reclamación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago presentará a principios da próxima semana o recurso contra a sentenza do Xulgado de primeira instancia número 41 de Madrid que dá a razón á familia Franco en relación á propiedade das estatuas da fachada do Pórtico da Gloria que reclama o consistorio compostelán.

Así o confirmou este venres o rexedor, Martiño Noriega, que explicou que o prazo para a presentación deste recurso está próximo a finalizar e que o documento está "practicamente terminado", polo que confían en que estea listo a inicios da próxima semana.

Sobre esta cuestión, Noriega considerou que existe "un desexo maioritario" de que a "batalla xudicial salga favorable aos intereses colectivos da cidade" para que as pezas "poidan volver" a Compostela.

A preguntas dos medios, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, precisou que non "houbo diferenzas" entre a Xunta e o Concello no enfoque desta reclamación, aínda que lamentou que o fallo non fose favorable ao goberno local.

"Algo que todos pensabamos que era fácil, non o foi", dixo o conselleiro, que asegurou que "en ningún momento" tivo "intención de cuestionar nada". "Eu desexaba persoalmente e politicamente que o fallo fose outro", resolveu.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nutrition

¿Xa atoparon algunha proba da posesión efectiva das pezas por parte do Concello entre 1948 e 1954? Porque como non a atoparan, vanno volver a condenar en costas pola temeridade da pretensión.