Arquivan a causa contra seis menores por suposto 'hackeo' de contas de profesores do seu instituto

A causa na que se investiga a instalación en 2017 "de forma inconsentida" dun sotfware que daba acceso aos contrasinais dos correos electrónicos dos profesores continúa en relación aos dous alumnos investigados que recoñeceron o feitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada (Pontevedra) decretou o sobresemento provisional e arquivo da causa respecto de seis alumnos do Instituto Manuel García Barros investigados polo suposto 'hackeo' de contas de profesores.

A xuíza considera que as dilixencias practicadas "non evidencian que devanditos investigados instalasen o sistema sotfware nin que efectuasen entradas non consentidas nas contas de correo para a obtención de datos e a súa divulgación".

Con todo, a causa na que se investiga a instalación, en marzo de 2017, "de forma inconsentida" nos equipos informáticos dun sotfware que daba acceso aos contrasinais dos correos electrónicos e demais servizos tecleados nos computadores dos profesores continúa en relación aos dous alumnos investigados que recoñeceron os feitos.

Un dos dous recoñece que non instalou o programa pero coñecía que o mesmo se atopaba no equipo e admite que "efectuou unicamente dúas entradas para ver se funcionaba e para ver as notas dunha materia, pero non accedeu a datos da vida privada de ningún profesor nin divulgou ningún dato dos obtidos", recóllese no auto xudicial.

"POR CURIOSIDADE"

Mentres, o outro mozo "afirma que coñecía a instalación do sistema software, pero que non participou na súa instalación" e admitiu que "accedeu a varias contas de profesores por curiosidade, pero que non divulgou datos de carácter persoal", indícase na resolucion. A xuíza acordou no auto citar ás partes personadas, aos dous investigados e ao Ministerio Fiscal o día 5 de marzo ás 12,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta