Se pensa que os hackers son unha ameaza para a súa seguridade e para a de todos nós, talvez debería ler esta entrevista. Logo da súa xira polos campus universitarios de Vigo, A Coruña e Ourense, falamos con Richard Stallman, o hacker fundador e gurú do movemento mundial polo software libre, autor do termo copyleft —a antítese do copyright— e pai do proxecto GNU para o desenvolvemento dun sistema operativo libre completo.