Hackear por un mundo mellor

A Universidade de Vigo acolle o encontro HackForGood entre o 9 e o 11 de marzo. O encontro celebrarase simultaneamente en 15 cidades do Estado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/02/2017 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A cuarta edición do HackForGood regresa a Vigo entre o 9 e o 11 de marzo como un espazo colaborativo no que os estudantes se converterán en hackers para dar resposta a retos propostos pola sociedade. Serán tres días de traballo intensivo, tanto de deseño como de programación nun evento que chega xa á súa quinta edición, promovido por Telefónica, xunto coa ETSI de Telecomunicación da Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a startup MashmeTV, co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre elas, a da Universidade de Vigo.

Participantes no HackForGood en Vigo na edición de 2016
Participantes no HackForGood en Vigo na edición de 2016 | Fonte: DUVI.

O encontro celebrarase conxuntamente en 15 sedes de todo o Estado e conta coa participación activa de máis de 20 universidades. A aposta é pola innovación social, polo que a organización busca entre o alumnado respostas, creatividade, I+D, deseño, etc. que se convertan en aplicacións tecnolóxicas que acheguen solucións a demandas sociais, a unha serie de retos que pode presentar calquera persoa. É dicir, aqueles que apostan por buscar respostas, poden inscribirse no HackForGood como hackers, para traballar tanto en grupos multidisciplinares como de xeito individual. De feito, a organización subliña que “todos os perfís son benvidos, xa sexan técnico, deseñador, emprendedor, psicólogo, educador, sociólogo, etc.”.

Outro xeito de participar é presentar retos, cuestións ou necesidades, que poden ser propostos tanto por empresas ou ONG como por particulares. Os interesados poden rexistrar as propostas a través do sitio web do evento, que xa recolle retos como a creación dunha aplicación para reducir o estrés, outra para a detección do ciber acoso en redes sociais, outras centradas na alimentación ou no aproveitamento da comida, prevención de consumo de alcol entre a xuventude, aforro enerxético, así como varios retos centrados no eido do voluntariado, da conciliación e da integración.

Durante os tres día de duración deste evento tecnolóxico, cada grupo creará e deseñará a súa propia resposta a un dos retos, que aínda se poden inscribir. O profesor José Cidrás, director da Cátedra Telefónica, agarda chegar aos 100 inscritos, superando así as cifras da pasada edición, na que xa se dobraron as de 2015. Exemplo dos bos resultados desta iniciativa é a App Handyhand, galardoada na pasada edición en Vigo co Primeiro Premio Cátedra Telefónica HackForGood, e que acadou tamén un destacado recoñecemento nos premios globais, sendo elixida para o Premio Think Big de Fundación Telefónica. A súa aposta era o desenvolvemento dunha prótese 3D robótica para membros amputados mediante sinais EMG.

Na pasada edición, entre toda as sedes, participaron 1000 hackers, presentáronse 300 retos e desenvolvéronse máis de 120 proxectos nas 14 sedes repartidas ao longo da xeografía española.

Unha reunión do HackforGood, concurso para hackers sociais
Unha reunión do HackforGood, concurso para hackers sociais | Fonte: Alberto Varela telefonica.com

PREMIOS

A participación no HackForGood abre unha dobre vía de premios para os participantes, xa que se outorgan unha serie de galardóns a nivel global e outros propios e exclusivos de cada unha das cidades, que en conxunto, lembra Cidrás, “suman cantidades moi substanciais”.

O Premio HackForGood Global, ofrece 8.000 euros ao equipo dunha das 15 sedes que desenvolva a mellor solución a un dos retos plantexados, atendendo a criterios como a creatividade e innovación da solución proposta, o grao de acabado da mesma e o seu impacto social. O gañador elixirase entre os tres gañadores de cada unha das fases locais e outorgarase un segundo premio de 3.000 e outro terceiro de 1.000.

Tamén a nivel global se outorgarán os premios Think Big (un en cada sede) e Premio Telefónica Open Future, así como varios premios formativos. Ademais entregaranse premios temáticos á Innovación Social, á Innovación Tecnolóxica e ao Desenvolvemento Sostible, dotados cada un con 500 euros.

ACTIVIDADES PARALELAS

Paralelamente ao hackathon, os participantes poderán participar en actividades formativas e relatorios tanto dende Vigo como dende outras sedes vía internet.

O venres 10 terán a oportunidade de escoitar a Chema Alonso, actualmente CDO (Chief Data Officer) de Telefónica, que intervirá dende Madrid para falar sobre Big Data e o impacto das tecnoloxías da información na sociedade. O día antes, o xoves, abrirase o HackForGood 2017 cunha conferencia titulada 'Videoxogos, da idea á pantalla', unha breve viaxe polo deseño, desenvolvemento e distribución dun produto de entretemento interactivo que impartirá a profesora da Universidade de Vigo Beatriz Legeren e o produtor de videoxogos e socio director da empresa Gato Salvaje, Fernando Prieto. O profesor José Cidrás destaca que este relatorio servirá para que os asistentes "non só coñezan a parte creativa dos videoxogos", senón tamén o xeito de convertelos nun negocio rendible. Ademais, lembra, dado que o HackforGood coinciden no tempo co Foro Tecnolóxico de Emprego, estas actividades programaranse de xeito que poidan participar os asistentes a ambos eventos. Finalmente, o sábado continuará o traballo pola mañá para que, pola tarde, cada equipo presente o seu proxecto e proceder, tras a deliberación do xurado, á entrega de premios, informa M. del Río dende a UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Alicia Vergara

Muy buena información, ojalá se vuelva a hacer algo parecido pero en ámbito nacional completo, la verdad que la idea de hack for good la veo genial.

3 BenitoZ

De hecho, los hackers como él son útiles para nosotros. Nos permiten protegernos de nuevo mejor. ¡Pero eran verdaderos piratas informáticos al principio! https://comoespiar.net/whatsapp/ También comencé a escribir sobre este tema que literalmente me apasiona.

2 Julian

Se de muchos hackers éticos como Julius, en su web explica como realizan los hackers sus ataques y como protegerse de ellos, uno de los artículos que me ha encantado es este: www.como-espiar.com/saber-si-estan-espiando-celular/ muy recomendable su lectura

1 JoseR

Estamos en un mundo de pirateos y hacks, no hace mucho que juego a juegos que tienen estos programas para hacer trampas, juegos como clash of clans o parecidos. En mi caso encontré un hack para clash royale que realmente vi que podian hacer avanzar mucho mas rápido en el juego y nose hasta que punto eso seria considerado moral.