A Deputación da Coruña rexeita o peche de Poligal e reclama medidas tanto á Xunta como ao Goberno central

O organismo provincial reclama ás dúas administracións "o seu compromiso e implicación activa na solución a este conflito que pasa polo normal funcionamento do centro de traballo e o mantemento do emprego".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/03/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres unha declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadores da empresa Poligal, en Narón.

Previamente, o comité de empresa reuniuse, na sede do organismo provincial, co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ademais de representantes doutros grupos políticos con presenza na corporación provincial.

A declaración institucional rexeita o peche da empresa e esixe o mantemento da actividade. Tamén solicita á Xunta e ao Ministerio de Industria "o seu compromiso e implicación activa na solución a este conflito que, necesariamente, pasa polo normal funcionamento do centro de traballo e o mantemento do emprego", sinala.

Reunión do comité de Poligal e representantes da Deputación. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Reunión do comité de Poligal e representantes da Deputación. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta