Así será a campaña do Bloque para as eleccións xerais

Os nacionalistas invitan ao presidente da Xunta a dar a cara nun debate na TVG.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/10/2011 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A secretaria de organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, presentou esta mañá en rolda de prensa a campaña nacionalista cara ás eleccións do 20-N, baixo o lema “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”.

A responsábel da campaña nacionalista argumentou o lema explicando que “somos a alternativa porque propoñemos políticas alternativas fronte ao máis do mesmo de PP e PSOE”.

“E cando dicimos que somos a alternativa que te defende”, continuou, “estamos explicando que a nosa vai ser unha campaña de proximidade e cercanía coa xente”.  Lembrou Montse Prado que “o voto ao BNG ten unha dupla utilidade: defender a Galiza e o benestar dos galegos e galegas e facer frente ás políticas de dereitas do PSOE e do PP”.

Para iso, o Bloque Nacionalista Galego leva no seu programa iniciativas como que "a Xunta se faga co 51% das accións do FROB de Novagalicia banco, apoio á economía produtiva para crear emprego, reforma do sistema fiscal para que paguen máis os que máis teñen, prohibición de EREs en empresas con beneficios, supresión das Deputacións, recorte dos gastos militares, etc”.

E, como o BNG ten propostas e quere que se coñezan, quere debatelas coas outras forzas políticas, por iso, tal e como enfatizou Montse Prado, “emprazamos a Núñez Feijóo a debater as súas propostas na televisión pública galega”.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

1 XanKaraLLás

Pode ser ou non ser correcto votar polo BNG, mais o que é totalmente necesario é non votar nin polo PP nin polo PSOE. Eses partidos, que son os responsables da situación polos intereses que defenden (os dos "mercados"), non serían maioritarios se non se votase por eles, e iso depende de todos nós. Os postos de traballo non só se poden crear pola iniciativa privada. A iniciativa pública, o estado, as comunidades autónomas, poden e deben crear postos de traballo, e están a facer todo o contrario, eliminando xente, botándoa á rúa.

1 labañou

Pois non che sei, se o PSOE precisara do apoio "desinteresado" do BNG para facerlle fronte a Rajoy, ben sabemos o que votarían os posibles deputadiños -se saen- do BNG... Pois de dereitas, si, tamén o BNG! Polo demais olla que contentos reparten o diñeiro de todos para manter os seus chiringuitos, as fundacións dos partidos, así están caladiños desde o PP até o BNG. Tan diferentes ou tan semellantes?

2 xan

Sigue traballando para o PPSOE que che pagarán ben. O BNG é o único voto útil na Galiza

3 labañou

Non raposiño, eu non traballo nin voto PP ou PSOE, mais ti non podes dicir o mesmo, pois os votos que xuntedes no BNG ben sabemos para onde irán se son precisos. A utilidade da que falas non será manter o aparato e os achegados? É tempo de rematar cos políticos farsantes!

4 Asverdadesdoen

PP, PSOE e BNG alimentan e alimentanse dunha serie de grupos de presión e de lobbies nunha relación amiguista de defensa de intereses, tratando de garantir coa sua forma de actuar nepotista a sua permanencia nun poder que só traballa para os intereses das suas organizacións e dos seus amigos e en ningún caso para facilitar o marco meritocrático que a nosa sociedade e calquera sociedade precisa para progresar, só se facilitamos as condicións para que na nosa sociedade as persoas poidan progresar en base aos seus méritos teremos futuro, só se logramos dar o salto dunha sociedade nepotista a unha meritocrática teremos futuro. http://www.galiciaconfidencial.com/... Carlos Padín

5 CranioF

Non, en absoluto. Se pretendemos que o sector público cree emprego, acabamos como Grecia ou peor. Moitos imos votar ao PP precisamente para que baixe impostos ás PYMES e trate de reactivar este desastre. O di un parado de longa duración. Xamáis votaría a IU ou o BNG, porque, económicamente falando, nos mandan ao buraco sen remedio. O sistema no que estamos é como é, e non podemos xogar a destruilo, porque nos destruimos a nós mesmos.

6 XanKaraLLás

¿Por que imos acabar como Grecia? En realidade non creo que estemos moito mellor que Grecia. O sector público claro que pode crear emprego. ¿De onde saca o diñeiro para iso? Pois evidentemente de onde está o diñeiro, das grandes fortunas, dos soldos millonarios. Todo o problema da crise e do mundo agora e sempre se resume en MAL REPARTO DA RIQUEZA. Este planeta Terra ten de sobra para que todos vivamos ben e, por tanto, o problema é de que unha minoría se apodera da maior parte do pastel, en prexuízo da maioría; noutras palabras, problema de vontade política de facer as cousas con xustiza ou, como de costume, sen ela. O PP é o último que eu votaría. Nunca votei por eles nin por o PSOE.

7 Que Asco

CranioF: No estoy muy de acuerdo contigo. Y me explico. El paro sistémico de las economías está directamente relacionado con la distribución de la riqueza. De la misma manera que un monopolio(falta de equidad en la oferta) afecta al precio, la inequidad en la demanda tambien afecta. Si 2 personas están dispuestas a pagar 2 por 5 und. la oferta factura 20 a un coste de 10, beneficio 10. Pero si uno está dispuesto a pagar 4 por 5 und., la oferta factura 20 a un coste de 5, beneficio 15. Si no existe equidad en la demanda ante un descenso de esta,la oferta no baja el precio, reduce la producción(menos trabajo) y mantiene el precio. Puedes comprobarlo relacionando los datos de paro y distribución de la riqueza de los diferentes paises y descubriras que a mayor equidad menos paro. Y para mejorar la equidad en la distribución de la riqueza hay dos vías: los impuestos o la creación de puestos de trabajo a los más desfavorecidos desde el Estado.

8 Que Asco

La economía son ciclos y cada ciclo tiene su política. En Grecia cometieron el mismo error que nosotros, no leyeron los ciclos. Cuando Aznar fomentó la construcción con incentivos fiscales y créditos baratos acertó, creo puestos de trabajo y acumulación de capital. Pero cuando esto sucedió no gravó la construcción y dió incentivos fiscales a la tecnología y la industria para desviar esos capitales acumulados hacia estos sectores. Nos instalamos en la dinámica de que la construcción era el motor de la economía. En Grecia pasó lo mismo. Desde el Estado crearon puestos de trabajo. Y cuando la demanda fue fuerte no potenciaron el sector privado. Se instalaron en la idea de que el Estado es el motor de la economía. Y cada ciclo económico tiene su política. No existe una política eterna para generar riqueza.

9 Xoelho

A verdade é que non entendo moi ben esta operación matemática: "Si 2 personas están dispuestas a pagar 2 por 5 und. la oferta factura 20 a un coste de 10, beneficio 10. Pero si uno está dispuesto a pagar 4 por 5 und., la oferta factura 20 a un coste de 5, beneficio 15". Agora ben, estou de acordo coa conclusión que di: "Y para mejorar la equidad en la distribución de la riqueza hay dos vías: los impuestos o la creación de puestos de trabajo a los más desfavorecidos desde el Estado". Engadindo eu: ambas cousas, os impostos ás grandes fortunas e creación de emprego público. No que non concordo é en dicir que o estado non debe ser o motor da economía. Eu creo que así debe ser, un estado por suposto democraticamente controlado que planifique a economía e sustitúa ao mercado, mais isto non se pode facer de súpeto, todo leva o seu tempo. Así penso eu.

10 Que Asco

Lo que quiero decir con la operación es que si en la demanda un pequeño grupo dispone de más renta, y a un precio determinado su esfuerzo porcentual sobre su renta es menor que el resto, pagará ese precio que el resto de la demanda no puede pagar. En consecuencia la oferta a un precio más alto le es más rentable reducir producción(menos trabajo) y obtener con menos capital invertido(menos riesgos) un porcentaje mayor de beneficios. Esa es la razón de la relación directa entre la distribución de la riqueza y los índices sistémicos de paro.