Autorizada a contratación do servizo de hemodiálisis na comarca do Deza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou a contratación dos servizos de hemodiálisis extrahospitalaria na comarca do Deza por un importe de licitación de preto de 2,8 millóns de euros e un valor estimado de 5,5 millóns.

A duración do contrato, segundo explicou a Xunta, será de tres anos, prorrogable ata un máximo de cinco anos. Con esta medida, o Sergas pretende achegar os servizos de hemodiálisis aos pacientes dos concellos de Agolada, Lalín, Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, con patoloxía renal, que non estean trasplantados e que necesitan este tratamento.

A Xunta calcula que poderán beneficiarse desta prestación ao redor de 45 pacientes, cunha media de 13 sesións de diáleses mensuais, o que supón ao redor dunhas 7.000 sesións anuais.

Coa contratación desta prestación búscase satisfacer as necesidades dos pacientes e facilitar o servizo coa proximidade necesaria, tanto física como temporal no tratamento aos pacientes e á súa contorna familiar. Tamén se minimizarán os eventuais inconvenientes relacionados cos desprazamentos. A contratación estará suxeita á regulación harmonizada e realizarase mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Ademais, na área, dentro das melloras do Goberno no ámbito sanitario, está prevista a construción do Centro Integral de Saúde no Concello de Lalín.

Hemodiálise
Hemodiálise | Fonte: Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta